María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959,Alonso Fernández, María, en Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editoral Compostela, S.A., 2002, ISBN 84-8064-113-2. é unha farmacéutica, catedrática e académica galega especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.
Traxectoria En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento con premio extraordinario. Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón e, desde 1998, como catedrática.
Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de liberación de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).
Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.Curriculum Vitae de M. J. Alonso .
O seu laboratorio na Facultade de Farmacia da USC foi pioneiro en numerosos descubrimentos no campo da nanofarmacéutica e da nanomedicina. É autora de máis de 260 contribucións científicas, con máis de 14 900 citas, e a inventora de 20 patentes.
Actividades realizadas Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.Lista de publicacións (1982-2014) na páxina web de M. J. Alonso na USC. Así mesmo, ten participado como conferenciante invitada en trinta congresos internacionais.
Foi membro do comité científico e organizadora de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional. É fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.
É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society (1995-1998) e, desde 2018, presidenta da institución,Páxina web da CRS .«Potenciamos empresas para que los investigadores no tengan que emigrar» Entrevista con M. J. Alonso. La Voz de Galicia, 5-8-2018. membro do Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.
É tamén membro do American Institute for Medical and Biological Engineering (Instituto Estadounidense de Enxeñaría Médica e Biolóxica), e da US National Academy of Medicine (Academia Nacional de Medicina dos Estados Unidos).
Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais:
Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.
M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto. O ránking do índice h, o indicador máis relevante do impacto das publicacións científicas dentro dunha área específica, outórgalle un índice-h 71, a posición máis alta entre todas as investigadoras que figuran na lista en calquera dos ámbitos científicos indexados. Dende o ano pasado, Alonsofigura como a científica máis influente no eido das Ciencias da Saúde, posto no que se mantén neste 2019.
A profesora Alonso é membro da
Real Academia de Farmacia de Galicia, Real Academia Galega de Ciencias,Mañán ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Da. Mª. José Alonso Fernández Real Academia Galega de Ciencias.María José Alonso ingresa na Real Academia Galega de Ciencias . Real Academia Nacional de Farmacia de España.María José Alonso ingresa en la Academia Nacional de Farmacia . El Correo Gallego, 18-6-2010. En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.
Premios 1985: Premio extraordinario de doutoramento en Farmacia, USC. 2011: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia». La Voz de Galicia, 8-6-2011.La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación La Voz de Galicia. Ed. Santiago, 18-10-2011. 2011: Premio Nóvoa Santos.María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos La Voz de Galicia, 12-10-2011. 2013: Premio Mª Josefa Wonenburger.María José Alonso galardonada con el Premio María Josefa Wonenburger Planells Páxina web do CESGA. 2014: Premio Maurice-Marie Janot.María José Alonso gana el premio Marie Janot (sic) La Voz de Galicia, 3-4-2014. 2018: CRS Founders Award (Premio Fundadores da CRS). 2018: Medalla Castelao.Medallas Castelao 2018 . El Correo Gallego, 5-8-2018. 2021: Premio Juan de la Cierva. 2022: Doutora honoris causa pola Universidade de Nottingham (Reino Unido).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks).
Ligazóns externas
Mujeres en ciencia e Innovación páxina web FECYT e UMYC
"Biografía de María José Alonso" El País. 7/10/2011 . María José Alonso Fernández en Galegos. GaliciaDigital. M.J. Alonso Lab Currículo de M. J. Alonso, USC NanoFar, Erasmus Mundus Joint Doctorate in nanomedicine and pharmaceutical innovation USC
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Membros da Real Academia de Farmacia de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Medallas Castelao Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia