Santa María da Peregrina é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2024 tiña 588 habitantes distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 524 habitantes.
Xeografía Segundo o Nomenclátor do IGE consta dos seguintes núcleos de poboación: Aradas, O Bargo, Pardaces de Abaixo, Pardaces de Arriba, A Peregrina, Sarela de Arriba, Monte da Vila e O Queiroal.
Cultura Neste lugar nace o río Sarela, que lle dá nome ao grupo de danza e música da aldea. Este mantén unha tradición antiga que consiste en xuntarse na carballeira ao lado da igrexa, nas festas da parroquia, para bailar e tocar pezas populares con gaita, pandeireta, tamboril e bombo. Tamén acompaña a Virxe no primeiro domingo de setembro, na procesión que vai dende a Algalia de Abaixo, na zona antiga de Santiago de Compostela, até a igrexa da Peregrina. Ao chegar, tócanlle e báilanlle á Virxe na carballeira, antes de que entre na igrexa.
Ademais, na parroquia situouse o Furancho de Arte Contemporánea.
Lugares e parroquias Lugares da Peregrina
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Furancho de Arte Contemporánea.
Outros artigos Lugares de Santiago de Compostela
Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María