, coñecido co alcume de , é un personaxe ficticio da serie manga Death Note, creaad por Tsugumi Ōba e Takeshi Obata. Mello é introducido na historia xunto a Near como o potencial substituto de L. Tanto Mello como Near foron criados en Wammy's House, o orfanato de Watari, o asistente de L. Porén, Mello rexeita traballar con Near para capturar ó asasino coñecido como "Kira". Para conseguilo el só, únese a unha mafia, conseguindo un Death Note, pero morre antes de poder revelar a identidade de Kira.

A personaxe de Mello foi creada, ó igual que a de Near, para rachar o ciclo sen fin de confrontacións entre o detective L e Light Yagami, a persoa detrás de Kira. Tanto Mello como Near foron deseñados despois de L, e inicialmente foron concibidos como xemelgos e fillos de L, pero esa idea foi descartada. A súa voz no anime é de Nozomu Sasaki.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de personaxes de Death Note

Categoría:Personaxes de Death Note