Roberto López-Iglésias Samartim, nado en Redondela en 1971, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega (1998), Filoloxía Portuguesa (1998), DEA [Mestrado] en Estudos Clásicos e Medievais (2000) e Doutor en Filoloxía Galega (2010) pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978). Margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural, dirixida por Elias Torres. Foi bolseiro de investigación do Instituto Camões (1999-2001) e da USC (2003-2005), e profesor visitante na Universidade de Vigo (2003). Desde 2006 é profesor na Área de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Membro do grupo Galabra, entre 2011 e 2014 foi secretario xeral da Associação Internacional de Lusitanistas (AIL). Actualmente é o responsábel de comunicación da entidade e editor de Plataforma9. Desde novembro de 2010 dirixe a revista Agália.
Obras Ensaio A dona do tempo antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557), 2003, Laiovento. Mudança política e sistemas culturais em transiçom, 2017, Laiovento.
Premios Premio Carvalho Calero de Investigación en 2002, con A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Galabra.
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1971 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio Carvalho Calero