Ricardo Macarrón Piudo, nado en Vitoria en 1884 e finado en 1973, foi un arquitecto, militar e político español.

Traxectoria

Fillo de Urbano Macarrón e Juana Piudo. Estudou na Academia de Infantaría. Como primeiro tenente de Infantaría, ingresou na Garda civil en 1909. Desenvolveu en paralelo a súa carreira militar dentro da Garda Civil coa de arquitecto. Como técnico do Ministerio da Gobernación estivo ligado á Dirección Xeral de Seguridade e á de Beneficencia Xeral. En 1936 era tenente coronel da Garda Civil e xefe da Comandancia de Pontevedra. Foi nomeado delegado de orde pública en Vigo polo gobernador Gonzalo Acosta Pan o 17 de xullo de 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde pública de Pontevedra e gobernador civil en agosto.El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 7. Cesou no cargo a finais de marzo de 1937 para ser destinado a Guipúscoa.El Progreso, 2-4-1937, p. 2. Pasou á situación de dispoñíbel gobernativo en xuño.BOE, 18-6-1937, p. 1918. Foi dado de baixa por desafecto ao Movimiento Nacional en setembro de 1937.BOE, 22-9-1937, p. 3479-3480.Pensamiento Alavés, 23-9-1937, p. 4. Despois pasou ao Servizo de Recuperación do Patrimonio Artístico Nacional. Nos anos corenta traballou como arquitecto.

As súas obras máis coñecidas como arquitecto son o Centro de Saúde Sandoval (1928) e o Colegio del Santo Ángel para orfos da Policía Nacional en Carabanchel (1928-1936).

Vida persoal Casou con Carolina Cenzano Godoy en 1910.El Eco de Navarra, 23-9-1910, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ricardo Macarrón Piudo.

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Militares do País Vasco Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra

Categoría:Nados en Vitoria

Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1973