San Marino, oficialmente Serenísima República de San Marino, (en italiano: Serenissima Repubblica di San Marino) é unha república situada nos Apeninos, enclavada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en Europa a Cidade do Vaticano e Mónaco. Ademais con preto de 34.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de Consello de Europa. Con todo, non pertence á Unión Europea.

A República de San Marino é a república soberana constitucional máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o 3 de setembro de 301 por un canteiro chamado Mariño, o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costa dálmata, daquela colonia romana, no ano 257 cando o futuro emperador Diocleciano emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas de Rimini destruídas por piratas libúrnios, refuxiándose no Monte Titano. A súa capital é a cidade de San Marino.

A Constitución de San Marino, promulgada no ano 1600, é a máis vella do mundo aínda en exercicio.Guide to Law Online: San Marino Estabelece unha forma parlamentaria de goberno, o cal está composto polo parlamento, chamado Consello Grande e Xeral, presidido por dous Capitáns Rexentes, que son Xefes de Estado por un prazo de seis meses e polo Congreso de Estado, formado de dez conselleiros escollidos entre os membros do Consello Grande e Xeral.

Historia miniatura|esquerda|Castelo da Cesta, unha das "Tres Torres" de San Marino. San Marino considerase a república máis antiga que aínda sobrevive ao fundarse, segundo a tradición, o 3 de setembro do ano 301 polo construtor Mariño o Dálmata, un canteiro cristián que fuxiu das costas croatas debido á persecución dos cristiáns levada a cabo polo emperador romano Diocleciano, agochándose finalmente no cumio do Monte Titano, o máis alto do sete que posúe San Marino, e fundando unha pequena comunidade cristiá. A propietaria do terreo era dunha muller de Rimini, que ao final lles deixou en herdanza o territorio, logrando manter a súa independencia ao longo dos anos, pese as disputas polas familias dos Rimini e Montefeltro.

Aínda que está demostrado que o lugar estivo habitado dende tempos prehistóricos, non foi até finais do século IX cando aparece a primeira constancia da existencia dun estado soberana na zona que, en memoria do canteiro, foi chamada "Terra de San Marino", non sendo até tempo despois que se lle deu o nome de "república". O Goberno estaba composto por unha asemblea chamada Arengo, composta por todos os cabezas de familia, estabelecéndose finalmente en 1243 a figura dos Capitáns Rexentes (Capitani Reggenti) para actuar como xefes de estado. As primeiras leis datan de 1263, e o Vaticano, nese tempo ao mando do papa Nicolao IV, recoñeceu a súa independencia no ano 1291.

O territorio da república consistía unicamente no Monte Titano até 1463, cando entrou na alianza contra Sexismundo Pandolfo Malatesta, Señor de Rimini, que sería derrotado. Debido a iso o Papa Pío II cedeu a San Marino as cidades de Fiorentino, Montegiardino, e Serravalle, e ese mesmo ano a cidade de Faetano uniuse á república pola súa propia vontade. Desde entón, a superficie da república permaneceu invariable.

No 1503 producise a primeira das tres ocupacións militares do territorio sanmarinés, neste caso levada a cabo por César Borgia, que invadiu a república até pouco antes da súa morte uns meses despois. Case un século despois foi redactada unha Constitución, concretamente o 8 de outubro de 1600, documento que aínda segue vixente, sendo o máis antigo do mundo en facelo actualmente. En 1739, o Cardeal Alberoni volveu invadir o pequeno Estado pero a desobediencia civil e as protestas ante o Papa Clemente XII para obter xustiza deron resultado. O estado foi recoñecido por Napoleón en 1797 e no Congreso de Viena en 1815. Debido á unificación da Península Itálica, a independencia de San Marino tivo que selarse cun tratado en 1862 co emerxente Reino de Italia, que foi revisado e corroborado en 1939 e 1971.

Xa no século XX, unha revolución pacífica restaurou en 1906 o sistema electivo do Consello Grande e Xeral (órgano supremo do Estado), que se convertera durante os século nun clan pechado. Durante a Primeira e Segunda Guerras Mundiais seguiu os destinos do seu veciño transalpino, sendo ocupada (por terceira e última vez) en 1943 por orde de Hitler, recuperada logo polos aliados volveu ser tomada de novo polos alemáns, sendo finalmente liberada en 1945. Restaurada a democracia, unha coalición de socialistas e comunistas gobernou até 1957, en que foron desprazados polos democristiáns, quen desde 1973 constituíron cos socialistas un goberno de coalición. De aí viría un tempo de gobernos de curta duración até 1978, cando os comunistas recuperaron o poder, aínda que debido a un escándalo financeiro perderon o poder, acadándoo de novo, cunha alianza cos democristiáns, en 1993 e 1998.

San Marino ingresou no Consello de Europa como membro de pleno dereito en 1988, presidindo a organización na primeira metade do ano 1990. Ademais converteuse en membro das Nacións Unidas en 1992, e adoptou o euro en 2002 como moeda nacional, a pesar de non pertencer á Unión Europea. É así a única cidade-estado itálica que aínda sobrevive, sendo xunto co Vaticano o único país europeo completamente rodeado por outro. A pesar de ser un país soberano, depende en gran medida de Italia, pola que está completamente rodeada dende a unificación do país no século XIX. Con todo, co fin de diminuír a súa dependencia da República Italiana, veu conformando unha serie de acordos con Suíza nos campos político, económico e social. Esta alianza abriu o camiño a un novo tipo de relacións diplomáticas, pioneiras no século XXI, pero que lembran, vagamente, as relacións internacionais de época medieval.

Xeografía miniatura|Monte Titano. San Marino é un enclave de Italia, na fronteira entre as rexións de Emilia-Romaña e As Marcas. A súa topografía está dominada polos Apeninos, tendo un terreo accidentado, sendo o 17% do mesmo arable. O punto máis alto do país é o Monte Titano, situado a 749 metros de altitude sobre o nivel do mar. Non hai ningún corpo de auga cun tamaño significativo, aínda que algúns ríos atravesan o país, sendo os máis importantes o Ausa, o Marano e o San Marino. Segundo WWF, o territorio de San Marino pertence á ecorrexión denominada bosque esclerófilo e semicaducifolio de Italia.

O clima é mediterráneo con influencias continentais, con veráns cálidos e invernos fríos. O Centro Nacional de Meteoroloxía e Climatoloxía de San Marino proporciona prognósticos locais. Cun tamaño de 61,2 km² e 39 km de fronteiras, todas con Italia, San Marino é o terceiro Estado máis pequeno de Europa, só superando á Cidade do Vaticano e Mónaco, sendo até a independencia de Nauru en 1968, o estado republicano máis pequeno do mundo.

Política e goberno

miniatura|dereita|Antigos Capitáns Rexentes Mirko Tomassoni, Alessandro Rossi, Alessandro Mancini e Alberto Selva. miniatura|Palazzo Pubblico da Cidade de San Marino coa estatua da liberdade. A política de San Marino lévase a cabo no marco dunha república parlamentaria demócrata representativa, na que os dous Capitáns Rexentes son os Xefes de Estado e dun sistema pluripartidista. O poder Executivo é exercido polo goberno, o lexislativo polo no goberno e o Consello Grande e Xeral, sendo o xudicial independente dos dous anteriores. San Marino orixinalmente foi dirixida polo Arengo, formado inicialmente cos xefes de cada familia, non sendo até o século XIII cando se creou un organismo de goberno chamado Consello Grande e Xeral, sendo nomeados en 1243 os dous primeiros Capitáns Rexentes nomeados polo propio Consello. Este método de designación segue aínda vixente en hoxe en día.

O órgano lexislador da República é o Consello Grande e Xeral (en italiano: Consiglio Grande e Generale). O Consello é un órgano unicameral composto por sesenta membros, sendo elixidos os conselleiros cada cinco anos baixo un sistema de representación proporcional nos nove distritos administrativos. Estes distritos corresponden ás antigas parroquias da República, onde poden exercer o seu dereito ao voto tódolos cidadáns maiores de dezaoito anos. Ademais da lexislación xeral, o Consello Grande e Xeral aproba os orzamentos e elixe os Capitáns Rexentes, o Congreso de Estado (composto por dez secretarios con poder executivo), o Consello dos Doce (que exercen o poder xudicial durante o período de lexislatura do Consello), as Comisións de Asesoramento (que examinan, propoñen e debaten sobre a aplicación de novas leis) e as Unións de Goberno. O Consello tamén ten a facultade de ratificar os tratados con outros países.

Cada seis meses o Consello elixe dous Capitáns Rexentes para ser os xefes de Estado. Os Rexentes son elixidos polos partidos opositores de modo que hai un equilibrio de poder. A investidura dos Capitáns Rexentes lévase a cabo o 1 de abril e o 1 de outubro de cada ano. Unha vez que remata o prazo de rexencia os cidadáns teñen tres días para presentar queixas sobre as actividades dos Capitáns, e se así se xustificase, comezarían os procedementos xudiciais contra antigo Xefe ou Xefes de Estado. Esta práctica de ter múltiples cabezas de Estado, así como a repetición frecuente da elección dos mesmos, derívanse directamente dos costumes da República Romana, sendo o Consello equivalente ao Senado romano e os Capitáns Rexentes ao cónsul.

Os dous principais partidos políticos son o Partido Demócrata Cristián Sanmarinés (en italiano: Partito Democratico Cristiano Sammarinese, PDCS) e o Partido dos Socialistas e Demócratas (en italiano: Partito dei Socialisti e dei Democratici, PSD), resultante da fusión do Partido Socialista Sanmarinés (en italiano: Partito Socialista Sammarinese, PSS) e dos antigos comunistas Partido dos Demócratas (en italiano: Partito dei Democratici, PD). Ademais dos dous principais existen unha serie de partidos máis pequenos, como a Refundación Comunista Sanmarinés (en italiano: Rifondazione Comunista Sammarinese, RCS). Debido ao pequeno tamaño de San Marino e a súa baixa poboación, é difícil para calquera partido acadar unha maioría absoluta, así que o goberno adoita estar formado por coalicións. O 1 de outubro de 2007 Mirko Tomassoni foi elixido como Capitán Rexente, sendo primeira persoa con discapacidade elixida para o posto.San Marino, primo capo di Stato disabile "Via tutte le barriere architettoniche"

Subdivisións administrativas San Marino está dividido en nove concellos, coñecidas localmente como Castelli (do italiano: castelos), que tamén teñen a consideración de cidades.

miniatura|dereita|320px|Mapa dos concellos da República de San Marino. Bandeira Escudo Nome Poboación Área (km²) Densidade 45px|border|centro|Bandeira de Acquaviva 25px|border|centro|Escudo de Acquaviva Acquaviva 2.096 4,86 431,28 45px|border|centro|Bandeira de Borgo Maggiore 25px|border|centro|Escudo de Borgo Maggiore Borgo Maggiore 6.609 9,01 733,52 45px|border|centro|Bandeira de Chiesanuova 25px|border|centro|Escudo de Chiesanuova Chiesanuova 1.087 5,46 199,08 45px|border|centro|Bandeira de Domagnano 25px|border|centro|Escudo de Domagnano Domagnano 3.256 6,62 491,84 45px|border|centro|Bandeira de Faetano 25px|border|centro|Escudo de Faetano Faetano 1.180 7,75 152,26 45px|border|centro|Bandeira de Fiorentino 25px|border|centro|Escudo de Fiorentino Fiorentino 2.548 6,57 387,82 45px|border|centro|Bandeira de Montegiardino 25px|border|centro|Escudo de Montegiardino Montegiardino 910 3,31 274,92 45px|border|centro|Bandeira de San Marino 25px|border|centro|Escudo de San Mariño San Marino 4.214 7,09 594,36 45px|border|centro|Bandeira de Serravalle 25px|border|centro|Escudo de Serravalle Serravalle 10.571 10,53 1003,89

Economía