Os fenómenos é un filme galego dirixido por Alfonso Zarauza que se estreou no 2014. Está protagonizada por Lola Dueñas que interpreta a Neneta, Luís Tosar como Lobo, e Juan Carlos Vellido como Furón.

Sinopse Unha muller que vive dende hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece xusto o día en que ía comezar a traballar. Por este motivo, regresa co seu bebé na súa vila natal, Ferrol. Ó principio ten moitas dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, o seu equipo de traballo empeza a destacar entre os demais pola súa capacidade de traballo.

Personaxes Lola Dueñas como Neneta Luís Tosar como Lobo Juan Carlos Vellido como Furón Xulio Abonjo Miguel de Lira como Balboa Antonio Durán "Morris" como Benito Alfonso Agra como Barreiro Gonzalo Uriarte como Avelino Xosé Antonio Touriñán Ledicia Sola como Nina Federico Pérez Patricia Vázquez

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado13ª ediciónMellor filmeAlfonso Zarauza GañadorMellor directorAlfonso Zarauza GañadorMellor actor secundarioXosé Antonio TouriñánNomeadoMellor actriz secundariaLedicia Sola GañadoraMellor guiónAlfonso Zarauza e Jaione Camborda GañadoresMellor dirección artísticaCurru GarabalNomeadoMellor montaxeJuan Carlos ArroyoNomeadoMellor música orixinalPiti Sanz e Anxo GrañaNomeadosMellor fotografíaAlberte BrancoNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoFany Bello e Raquel FidalgoNomeadasMellor deseño de vestiarioAlicia e Lola DapenaNomeadas

Festival de Málaga de Cine Español Ano Categoría Receptor Resultado2014Sección oficial longametraxes a concursoAlfonso ZarauzaNomeado

Festival Internacional de Cine Mediterráneo de Tetuán Ano Categoría Receptor Resultado2015Mellor interpretación femininaLola Dueñas Gañadora

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do filme

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Alfonso Zarauza Categoría:Filmes de ZircoZine Categoría:Filmes rodados en Ferrol Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme