Ataúlfo II, finado en Grau (actual Asturias) no ano 876, foi un relixioso católico galego da Idade Media. Foi o bispo que conseguiu para Santiago de Compostela a condición de cidade episcopal, sendo ata entón Iria Flavia a sé do arcebispado e Compostela a residencia dos bispos. A partir dese momento unificouse a sé e a residencia, coa autorización do papa Nicolao I, e a diocese pasou a denominarse arcebispado de Compostela-Iria, levando os dous nomes unidos pero coa precedencia do de Santiago.

O bispo Ataúlfo tivo un episcopado no que se produciron acontecementos convulsos. Na súa época as incursións dos normandos, que chegaban a Iria polo río Ulla a través da ría de Arousa, aterrorizaron os habitantes do bispado coa destrución e o saqueo do territorio. Sufriu ademais algunha conspiración na súa contra da que conseguiu saír indemne.

Historia miniatura|Igrexa de Santa María de Iria Flavia. No Chronicon Iriense, que recolle os nomes dos bispos de Iria e algúns acontecementos importantes desa época, e na Historia Compostelá descríbese o bispado de Ataúlfo II. Está considerado como iniciador do arcebispado de Compostela-Iria –os seus predecesores Teodomiro e Ataúlfo I, foron bispos do arcebispado de Iria Flavia–, trasladándose a sé en tempos de Ataúlfo II a Santiago de Compostela, onde se situaba o santuario do Apóstolo Santiago.

miniatura|esquerda|150px|Alfonso III o Magno e a raíña Ximena. Din as citadas crónicas que algúns servidores da Igrexa Compostelá acusárono ante o rei de sodomía, coa axuda dos inimigos do bispo e algúns criados que o traizoaron, entre os que se menciona a Nadón, Cadón e Ensión. Ataúlfo foi conducido a Oviedo perante o rei, que sería Afonso III o Magno ou Ordoño I, quen dispuxo que Ataúlfo fose sometido ó xuízo divino.

Porén a Historia Compostelá, escrita na primeira metade do século XII, sitúa este prodixio na segunda metade do século X, na cidade episcopal de Santiago de Compostela no canto de Oviedo. Antonio López Ferreiro concédelle certa base ó lendario relato, considerando que describe un conflito con preitos que o bispo Ataúlfo soubo resolver ó seu favor.

miniatura|Maqueta da catedral de Santiago, tal como sería no ano 899.

A lenda de santo Ataúlfo A lenda conta que o bispo Ataúlfo II quixo terminar con certos abusos e corruptelas do clero do momento, restablecendo a disciplina eclesiástica, decisión que non contentou a moitos que gozaban de privilexios.

Varios clérigos descontentos pola intromisión do bispo compostelán nos seus asuntos, solicitaron a comparecencia perante o rei de Asturias Afonso III o Magno. As fontes discrepan sobre o contido das acusacións contra Ataúlfo. Uns din que se lle acusaba de conspirar contra o rei e de andar en acordos cos musulmáns para entregarlles as terras galegas, pero outras fontes centran a acusación en actos de sodomía protagonizados polo bispo: "o qual foy acusado de sodomía de quatro seus criados, serventes da egllesia".Crónica de Santa María de Iria. Pode lerse o texto completo desta lenda na Crónica en Benavente e Ferro, px. 1496.Xosé María Álvarez Blázquez: Cantares e romances vellos prosificados Discurso de ingreso na Real Academia Galega (28.11.1964), pp. 34-36.

Compareceu o bispo perante Afonso III, quen o mandou levar preso e condenouno ó xuízo de Deus. O seu castigo foi abandonalo diante dun touro bravo. O bispo misou antes de ser recibido polo monarca e tal como estaba, vestido de pontifical, foi levado á praza onde estaba o touro. O animal arremeteu contra Ataúlfo ó saír á praza, pero cando chegou xunto ó bispo baixou a cabeza de forma submisa e permitiu que Ataúlfo o collera da corna mansamente, que se desprendeu quedando a cornamenta nas súas mans. Probada deste xeito a súa inocencia, o rei e os nobles axeonlláronse ante el, pedindo perdón por dubidar del. O touro saíu mansamente da praza e os criados que testemuñaron contra o bispo foron axustizados.

Estes feitos están plasmados nun capitel do refectorio da catedral de Pamplona, e cóntase que a cornamenta do touro permaneceu exposta por moitos anos na catedral de Oviedo.Francisco de Paula Mellado: Recuerdos de un viaje por España, Madrid 1849-1851 (reimpreso por Guillermo Blázquez (ed.), Madrid 1985 ..

Lorenzo Varela (1916-1978) versificou sobre este tema en Catro poemas galegos, cun gravado do bispo feito por Luís Seoane.Editorial Argentina de Buenos Aires, 1951 (reedición facsimilar de Ediciós do Castro, Sada 2004).

Retiro e morte Unha vez probada a súa inocencia, renunciou á sé de Compostela e retirouse a Grau, en Asturias, para facer vida eremítica, segundo se relata nos textos do Chronicon Iriense e da Historia Compostelá. Morreu no 876 en Grau e actualmente consérvase o sarcófago na igrexa de La Mata desta localidade. Ataúlfo tiña a consideración de santo pero no século XVIII o bispo de Oviedo Agustín González Pisador prohibiu a devoción ó santo Ataúlfo.

Sisnando I, sobriño de Ataúlfo e o seu sucesor coma bispo, foi quen resolveu traer os restos do seu predecesor a Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús: O libro da vaca. Monografía Etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigacións en Humanidades, Santiago de Compostela, 2010, 1220, 1494 e 1544. FILGUEIRA VALVERDE, Xosé, Compostela, camino y estela (1993), Alsa, Oviedo, ISBN 84-604-6362-1.

Outros artigos O touro na arte e na cultura.

Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Finados en 876 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Nados en ano descoñecido