miniatura|Edificio na rúa de San Nicolao da Coruña, de Ricardo Boán. Ricardo Boán Callejas, nado na Habana o 6 de xullo de 1879 e finado na Coruña o 12 de decembro de 1915, foi un arquitecto de orixe cubana.

Traxectoria Boán naceu na Habana, fillo do capitán de cabalería Ricardo Boán, natural de Guantánamo, e de María Dolores Callejas Becerra, da Habana. A familia tivo que trasladarse a Madrid en 1884 por mor da guerra de independencia cubana. Nesa cidade estudou arquitectura, licenciándose en 1905.

Trasladouse á Coruña, onde foi o introdutor xunto con Antonio López Hernández do modernismo na cidade a partir de 1906. O 7 de decembro de 1906 foi nomeado arquitecto municipal interino de Lugo, posto que ocupou ata o 25 de xuño de 1907.

Posteriormente ocupou as praza de arquitecto de Facenda en Lugo e desde abril de 1911 ata a súa morte a de arquitecto auxiliar da Coruña. Faleceu por tuberculose o 12 de decembro de 1915.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-12-1915, p. 1, 5.

Obras Entre as súas obras destacan os edificios da rúa de San Nicolao 11-13 e da rúa da Barreira 23-25 e a Casa Solla, en Santo André 100.

Familia Casou con Mercedes Núñez Calderón o 20 de marzo de 1911. Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Arquitectura modernista en Galicia