Dallas Buyers Club é un filme estadounidense dirixido por Jean-Marc Vallée que se estreou no 2013. Foi coescrito por Craig Borten e Melisa Wallack e conta a historia de Ron Woodroof (Matthew McConaughey) un paciente de SIDA de mediados de 1980, momento no cal os tratamentos non estaba investigada e altamente estigmatizada. Como parte dun movemento a prol dun tratamento experimental contra a SIDA, trouxo de contrabando fármacos a Texas para tratar os síntomas, e creo o "Dallas Buyers Club" para facer oposición á Food and Drug Administration (FDA). Dous personaxes fiticios, Dr. Eve Saks (Jennifer Garner), e Rayon (Jared Leto), foron creados a partir de entrevistas con pacientes, activistas e doutores.

Sinopse Baseado na vida real de Ron Woodroof, un cowboy texano drogadicto e mullereiro, ó que en 1986 diagnostican coa SIDA e pronostican un mes de vida. Comezou entón a tomar AZT, o único medicamento dispoñible daquela para loitar contra a enfermidade.

Personaxes Matthew McConaughey como Ron Woodroof Jennifer Garner como Doutora Eve Saks Jared Leto como Rayon Denis O'Hare como Dr. Sevard Steve Zahn como Tucker Michael O'Neill como Richard Barkley Dallas Roberts como David Wayne Griffin Dunne como Doutor Vass Kevin Rankin como T. J. Bradford Cox como "Sunflower" Adam Dunn como camareiro

Galardóns e nomeamentos 2013: 3 Premios Oscar: Mellor actor (McConaughey), actor secundario (Leto) e maquillaxe. 2013: 2 Globos de Ouro: Mellor actor (McConaughey) e actor secundario (Leto). 2013: Critics Choice: Mellor actor e actor secundario. Nomeado a mellor filme. 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor secundario (Leto). 2013: Premios Gotham: Mellor actor (Matthew McConaughey). 2013: Festival de Roma: Sección oficial longametraxes a concurso. 2013: National Board of Review (NBR): Top 10 filmes independentes. 2013: Independent Spirit Awards: Mellor actor (McConaughey) e actor secundario. 2013: Satellite Awards: Mellor actor (McConaughey) e actor secundario (Leto). 2013: Sindicato de Guionistas (WGA): Nomeado a mellor guión orixinal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jean-Marc Vallée Categoría:Filmes de Entertainment One Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre VIH/SIDA Categoría:Filmes ambientados en México