O Iucatán (en ; oficialmente Estado Libre y Soberano de Yucatán; en ) é un dos 31 estados de México, que xunto con Cidade de México, conforman as 32 entidades federais de México. A súa capital é Mérida e ten 106 concellos. Atópase no norte da península do Iucatán, facendo límite cos estados mexicanos de Campeche ao suroeste; e Quintana Roo ao sueste, o cal foi, até inicios do século XX, parte do estado do Iucatán. Ao norte ten o golfo de México.
Antes da chegada dos conquistadores españois á península do Iucatán, o nome da rexión era Mayab. Na lingua maia, "ma' ya'ab" tradúcese como "uns poucos". Foi unha rexión moi importante da civilización maia, onde chegou ó seu máximo esplendor, e onde se fundaron as cidades de Chichén Itzá, Izamal, Motul, Mayapan, Ek' Balam e Ichcaanzihóo (tamén chamada T'ho), no presente Mérida.
Logo da conquista do Iucatán, a península foi unha única entidade política e administrativa, a Capitanía Xeneral do Iucatán. Despois da inpendencia e a ruptura do Imperio Mexicano en 1823, proclamouse a primeira República do Iucatán, que despois se anexionou voluntariamente á República Federal dos Estados Unidos Mexicanos o 21 de decembro de 1823. O 16 de marzo de 1841, como resultado dun conflito político e cultural co pacto federal, o Iucatán declarou a súa independencia de México, formando a segunda República do Iucatán. Posteriormente, o 14 de xullo de 1848, o Iucatán foi forzado a unirse de novo a México. En 1858, a mediados da guerra de castas, o estado do Iucatán foi dividido por primeira vez, estabelecéndose Campeche como un estado separado (oficialmente en 1863). Durante o Porfiriato, en 1902, o estado do Iucatán foi dividido de novo para formar o territorio federal que se convertería no estado actual de Quintana Roo.
No 2010, o Iucatán foi considerado o estado máis seguro de México e Mérida foi recoñecida como Cidade da Paz en 2011.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Goberno do Estado