Giovanni Carmelo Verga, nado en Catania o 2 de setembro de 1840 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1922, foi un escritor italiano, considerado o maior expoñente do verismo.
Traxectoria O seu pai, Giovanni Battista Catalano, era de Vizzini, onde a súa familia tiña propiedades, e descendía dunha rama menor dunha familia á que pertencían os baróns de Fontanabianca. A nai, Caterina Di Mauro, pertnecía a unha familia burguesa de Catania. O avó de GiovanniFederico De Roberto (1964): Casa Verga e altri saggi verghiani, Florencia, Le Monnier. fora carbonario, e en 1812 fora elixido deputado por Vizzini ao primeiro Parlamento Siciliano.Alfredo Mazzone (1971): Polemiche verghiane, Catania, Edigraf..
dereita|miniatura|200px|Retrato de Antonino Gandolfo, colección Francesco Paolo Frontini. Existe debate arredor do lugar e a data de nacemento do escritor. Malia que na acta de nacemento aparece que tivo lugar en Catania, diversos estudosos defenden que foi preto de Vizzini, como o profesor Emilio Interlandi e o avogado e autor teatral Alfredo Mazzone. Defenden que a familia marcharía a unha zona agrícola no verán de 1840 por mor da epidemia de cólera que sufría Catania, e o escritor nacería en Calatino, quizais o 29 de agosto, día en que se celebra San Giovanni en Vizzini.
dereita|miniatura|270px|A casa museo de Verga en Catania. Fixo os estudos primarios na escola de Francesco Carrara e os secundarios con Antonio Abate, escritor, fervente patriota e republicano, do que absorbeu o gusto literario romántico e o Patriotismo. Abate facía ler aos seus alumnos as obras de Dante Alighieri, Francesco Petrarca, Ludovico Ariosto, Torcuato Tasso, Vincenzo Monti, Alessandro Manzoni e páxinas da Estética de Hegel. Amais propuña tamén a novela histórica-patriótica I tre dell'assedio di Torino, publicada en 1847 por Domenico Castorina, parente afastado de Verga e que nesa época era considerado polos contemporáneos o mellor poeta e escritor catanio da primeira metade do século XIX".Sarah Zappulla Muscarà (1984): Invito alla lettura di Verga, Milán, Mursia, páx. 37.
En 1854, por mor dunha epidemia de cólera, a familia refuxiouse no campo de Tèbidi, onde regresou en 1855 polo mesmo motivo. Os recordos deste período, ligados ás primeiras experiencias de adolescente e ao campo, inspiraron moitas das súas novelas curtas como Cavalleria rusticana ou Jeli il pastore, amais da novela Mastro-don Gesualdo.
Entre 1856 e 1857 escribiu a súa primeira novela na defensa da Unificación de Italia Amore e patria, que quedou inédita. A novela obtivo unha crítica positiva por parte de Abate, pero foi considerada inmatura polo profesor de latín, Mario Torrisi, que o convenceu para non publicala.
En 1858 comezou a estudar Dereito na Universidade de Catania, pero abandonou en 1861, adicándose á actividade literaria e o periodismo político. Cos cartos que lle dera o pai para concluír os estudos publicou a súa novela I carbonari della montagna (1861-1862), unha novela histórica que se inspira nas empresas da carbonería calabresa contra o despotismo napoleónico de Murat.
Fundou canda a Nicolò Niceforo o semanario Roma degli Italiani e colaborou coa revista L'Italia contemporanea. En 1862 fundou o xornal Indipendente, que logo de dez números pasou a dirixir Abate.
En 1865 marchou a Florencia, daquela a capital do reino. Alí estivo catro meses e escribiu a comedia I nuovi tartufi, publicada en 1980, e a novela Una peccatrice. Alí coñeceu ao crítico de arte Luigi Capuana, os pintores Michele Rapisardi e Antonio Gandolfo, o mestre Giuseppe Perrotta e o poeta Mario Rapisardi.
Logo de refuxiarse doutra epidemia de cólera en 1867 en Sant'Agata li Battiati e Trecastagni, estivo en Florencia entre abril de 1869 e 1871. Entre 1872 e 1893 estivo en Milán, onde experimentou coa súa poética. Na primavera de 1882 coñeceu en París ao escritor suízo Louis Edouard Rod. Debido os problemas económicos regresou a Catania.
Obra Novelas Amore e Patria (1856-1857; inédita, agás algunhas pasaxes) I Carbonari della Montagna (1861-1862) Sulle lagune 1862-1863) Una peccatrice (1866) Storia di una capinera (1871) Eva (1873) Eros (1875) Tigre reale (1875) Os Malagana (1881) Il marito di Elena (1882) Mastro Don Gesualdo (1889) Dal tuo al mio (1906) La duchessa di Leyra (incompleta)
Relatos Nedda (1874) Primavera e altri racconti (1876); tercera reimpresión en 1877 co título de Novelle) Rosso Malpelo (1878) Vita dei campi (1880) Pane nero (1882) Novelle rusticane (1883) Per le vie (1883) Drammi entimi (1884) Vagabondaggio (1887) I ricordi del capitano d'Arce (1891) Una capanna e il tuo cuore (1922) Libertà La Roba
Teatro e adaptacións teatrais I nuovi tartufi (1865-1866) Rose caduche (1867) L'onore I (1869) L'onore II Cavalleria rusticana (1884) en porteneria (1885) La lupa (1886) Dopo (1886) Mastro Don Gesualdo (1889) Cavalleria rusticana (1896) La caccia al lupo (1901) La caccia alla volpe (1901) Dal tuo al mio (1903)
Versións cinematográficas Tigre reale (Giovanni Pastrone, 1916) La terra trema (Luchino Visconti, 1948) Bronte - Cronaca di un massacro che i libri di storia non hanno raccontato (Florestano Vanceni, 1972) Storia di una capenera (Franco Zeffirelli, 1993; con Vanessa Redgrave) La lupa (Gabriele Lavia, 1996; con Monica Guerritore, Michele Placido e Raoul Bova) Rosso Malpelo (Pasquale Scimeca, 2007)
Traducións
En galego
Os Malagana (2024). Tradución directa do italiano de María Alonso Seisdedos. .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Naturalismo
Bibliografía Cappellani, Neno (1940): Vita di Giovanni Verga, Opere di Giovanni Verga, 2 vols., Florencia, Le Monnier. Cattaneo, Giulio (1963): Giovanni Verga, Turín, UTET. De Roberto, Federico (1964): Casa Verga e altri saggi verghiani, a cargo de C. Musumarra, Florencia, Le Monnier.
Categoría:Nados na provincia de Catania Categoría:Nados en 1840 Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Finados en 1922