Torre Baró | Vallbona ou Torre del Baró é un intercambiador de metro e ferrocarril da cidade de Barcelona, situado nos barrios de Ciutat Meridiana e Torre Baró, no distrito de Nou Barris, e que tamén dá servizo ao barrio de Vallbona. Torre Baró | Vallbona é unha das cinco estacións da liña automática L11 do metro de Barcelona e a estación de Torre del Baró é propiedade de Adif e atópase na liña que une a capital con Manresa. Por ela circulan trens das liñas R3, R4 e R7 de Rodalies de Catalunya e a liña R12 de Media Distancia.

Historia A estación da liña de Manresa foi construída durante a década de 1970 aínda que a vía férrea na que se atopa abriuse en 1862 cando se inaugurou a liña directa entre Montcada e a Estación do Norte de Barcelona. Antes, dende 1855, os trens tiñan que enlazar coa liña de Xirona para chegar á Estación de França de Barcelona.

En 2003 inaugurouse a estación de metro coa chegada da L11, unha liña de metro lixeiro que se automatizou a finais de 2009 despois de instalar tabiques e cobertura na estación.

Servizos ferroviarios Estación de metro Orixe/destino << Liña >> Destino/orixe Trinitat Nova Casa de l'Aigua 20px|L11 Ciutat Meridiana Can Cuiàs

Estación de Adif Orixe/destino << Liña >> Destino/orixe Rodalies de Catalunya de Renfe L'Hospitalet de Llobregat Sant Andreu Arenal 18px|R3 Montcada Bifurcació Granollers-CanovellesLa GarrigaVicRipoll / Ribes de Freser / La Tor de Querol Sant Vicenç de CaldersVilafranca del PenedèsMartorell 25px|R4 TerrassaManresa Sant Andreu Arenal 25px|R7 Cerdanyola-Universitat Media Distancia L'Hospitalet de Llobregat Barcelona-Sant Andreu Arenal 18px|R12 Montcada Bifurcació Lleida Pirineus

Accesos Av. de l'Escolapi Càncer (L11) Rúa Sant Feliu de Codines (L11) Av. Vallbona (Adif)

Notas

Véxase tamén Metro de Barcelona Proximidades Barcelona

Categoría:Estacións de tren de Barcelona Categoría:Estacións do metro de Barcelona