Manuel Castro Gil, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1891 e finado en Madrid o 3 de abril de 1963,La Voz de Galicia, 4-4-1963, p. 1. foi un gravador e pintor galego.

Traxectoria Fillo do arquiveiro do concello de Lugo e de Gertrudis Gil, primo carnal do filántropo Álvaro Gil Varela. Iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Ramón María del Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Manuel Castro Gil" artemuseo.org .

Categoría:Gravadores de España Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega