Rionansa é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Saja-Nansa. Limita ao norte con Herrerías e Valdáliga, ao leste con Cabuérniga e Tudanca, ao sur con Cabezón de Liébana, Polaciones e Tudanca e ao oeste con Lamasón.

Localidades Arenas Las Bárcenas Cabrojo Celis Celucos Cosío La Cotera La Herrería Obeso Pedreo Los Picayos Puentenansa (capital) Riclones Rioseco Rozadío San Sebastián de Garabandal

Economía A meirande parte da poboación activa decícase ao sector terciario (aproximadamente, un 44%), aínda que persisten actividades tradicionais como a gandaría. O sector primario ocupa ao 21 % da poboación activa. Dentro do sector terciario hai que salientar os empregos xerados polo turismo, tanto de tipo relixioso en torno a San Sebastián de Garabandal como o natural na cova de El Soplao. Ademais, tamén é importante o emprego na central eléctrica nos Saltos do Nansa.

Demografía

Administración José Miguel Gómez Gómez (PP) é o actual alcalde do concello. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais de 2003 e 2007.Resultados electorais de Polaciones no xornal ElPaís Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 403 39,86 % 4 PSOE 359 35,51 % 3 PRC 232 22,95 % 2

Alcalde electo: José Miguel Gómez Gómez (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 507 52,87 % 5 PSOE 321 33,47 % 3 PRC 119 12,41 % 1

Alcalde electo: José Miguel Gómez Gómez (PP).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Rionansa, en Cantabria 102 municipios En Saja-Nansa na rede En Cantabria Infinita Torre de Rubin de Celis

Categoría:Concellos de Cantabria