Líbano nunca participou no Festival de Eurovisión. Télé Liban, a canle membro da UER do país, ía facer o seu debut no Festival de Eurovisión 2005 coa canción "Quand tout s'enfuit" (en galego: Cando todo se escapa) de Aline Lahoud, pero foi forzada a retirarse despois de anunciar que por motivos legais non podería emitir a participación israelí de Shiri Maimon. No Líbano, está prohibido emitir contido israelí en televisión.

Elección interna O 21 de outubro de 2004, Ibrahim El Khoury, director xeral de Télé-Liban, anunciou que o Líbano participaría por primeira vez no Festival de Eurovisión 2005, celebrado en Kíiv, Ucraína. O 3 de novembro, Aline Lahoud foi elixida internamente pola canle para representar o país co tema "Quand tout s'enfuit", interpretado na antiga lingua colonial, o francés e escrita por Jad Rahbani e Romeo Lahoud, a cal foi escollida a mediados de febreiro de 2005. Lahoud debería presentarse na semi-final do certame, que se celebrou o 19 de maio.

Notas

Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Música do Líbano