Tyler Cameron Ennis McIntyre, nado o 24 de agosto de 1994 en Brampton, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga no Napoli Basket da Lega Basket Serie A.
Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Ennis foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Phoenix Suns.Phoenix Suns select Tyler Ennis with 18th pick in NBA draft O 8 de agosto de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Suns. Fixo o seu debut na NBA o 29 de outubro de 2014 no primeiro partido da tempada dos Suns, contra os Los Angeles Lakers, onde acadou 2 puntos, 3 asistencias e 1 tapón na vitoria de Phoenix por 119-99. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Bakersfield Jam, afiliado dos Suns na NBA Development League.
O 19 de febreiro de 2015, Ennis foi traspasado xunto a Miles Plumlee ós Milwaukee Bucks, como parte dun acordo entre os Suns, os Bucks e os Philadelphia 76ers. Ó día seguinte fixo o seu debut cos Bucks, facendo 4 puntos e 2 asistencias na vitoria sobre os Denver Nuggets por 89-81.
O 22 de setembro de 2016, Ennis foi traspasado ós Houston Rockets a cambio de Michael Beasley.
O 23 de febreiro de 2017, Ennis foi traspasado xunto os dereitos de Brad Newley ós Los Angeles Lakers, a cambio de Marcelinho Huertas.
O 19 de xullo de 2018, Ennis asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe SK turco.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Ontario Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Türk Telekom BK Categoría:Xogadores do Tofaş SK Categoría:Xogadores do Napoli Basket