O Gran Premio do Canadá de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto Île Notre-Dame, Montreal, Canadá o 27 de setembro de 1981. A carreira, foi a 14ª e penúltima carreira da tempada de , o 20º Gran Premio do Canadá e o cuarto, que se celebrou en Montreal. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de 4´41 quilómetros de lonxitude para unha distancia total de carreira de 278 quilómetros.

Resumo da carreira

Sería a última vitoria de Ligier durante quince anos, ata o Gran Premio de Mónaco de 1996. Williams asegurou o campionato de construtores de 1981 a falta dunha carreira, xa que os dous puntos anotados polo equipo Brabham non eran suficientes para permitirlles coller aos Williams na última carreira. Esta tamén foi a última vez que o Gran Premio do Canadá celebrouse no final da tempada.

Antes da carreira Antes da carreira, Alan Jones anunciou que se retiraba do deporte logo de alzarse co título o ano anterior. Os rumores tamén no paddock tamén dicían que Niki Lauda probara para McLaren no Circuíto de Donington Park e que estaba planeando o regreso.

Cualificación Nelson Piquet asegurou a pole cun tempo de 1: 29.221, co seu rival Carlos Reutemann xunto a el na primeira fila. O top ten foi completado por: Jones, Prost, Mansell, Rebaque, de Angelis, Arnoux, Watson e Laffite respectivamente.

Carreira A saída da carreira viuse empanada polo mal tempo. Inmediatamente logo da saída, Jones tomou a dianteira logo dunha colisión menor con Reutemann que deixou a Reutemann atrás. Na metade da grella, Arnoux e Pironi chocaron co resultado de que Arnoux quedou fóra da carreira. Na volta 7, Jones trompeou e Piquet tivo que facer unha acción evasiva, ambos perderon posición. Prost tomou a dianteira con Laffite, que subira desde a décima posición, segundo. O liderado de Prost non durou moito, xa que Laffite pasouno na volta 13, e mantivo o liderado ata o final da carreira. Villeneuve tivo un pequeno accidente que danou o seu alerón dianteiro que voou do coche, aínda que amañouse para manter o control ata o final da carreira, sen o alerón dianteiro e baixo a choiva. Prost foi finalmente superado por Villeneuve e Watson, antes de retirarse logo dun accidente na volta 48. Watson foi capaz de atrapar e pasar Villeneuve unhas voltas despois e os dous terminaron segundo e terceiro respectivamente, Villeneuve alzouse co seu terceiro e último podio do ano na súa terra natal. Bruno Giacomelli de Alfa Romeo, que comezara 15º, terminou cuarto, co pole Piquet detrás del.

Clasificación

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Distacia 1 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 1:29.211 - 2 2 Carlos Reutemann Williams-Ford 1:29.359 +0.148 3 1 Alan Jones Williams-Ford 1:29.728 +0.517 4 15 Alain Prost Renault 1:29.908 +0.697 5 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 1:29.997 +0.786 6 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 1:30.182 +0.971 7 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 1:30.231 +1.020 8 16 René Arnoux Renault 1:30.232 +1.021 9 7 John Watson McLaren-Ford 1:30.566 +1.355 10 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 1:30.705 +1.494 11 27 Gilles Villeneuve Ferrari 1:31.115 +1.904 12 28 Didier Pironi Ferrari 1:31.350 +2.139 13 8 Andrea de Cesaris McLaren-Ford 1:31.507 +2.296 14 3 Eddie Cheever Tyrrell-Ford 1:31.547 +2.336 15 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:31.600 +2.389 16 22 Mario Andretti Alfa Romeo 1:31.740 +2.529 17 25 Patrick Tambay Ligier-Matra 1:31.747 +2.536 18 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 1:31.969 +2.758 19 33 Marc Surer Theodore-Ford 1:32.253 +3.042 20 17 Derek Daly March-Ford 1:32.305 +3.094 21 9 Slim Borgudd ATS-Ford 1:32.652 +3.441 22 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:32.709 +3.498 23 32 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 1:33.432 +4.221 24 14 Eliseo Salazar Ensign-Ford 1:33.848 +4.637 NSC 20 Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 1:34.310 +5.099 NSC 21 Chico Serra Fittipaldi-Ford 1:36.546 +7.335 NSC 35 Brian Henton Toleman-Hart 1:36.648 +7.437 NSC 30 Jacques Villeneuve Arrows-Ford 1:36.729 +7.518 NSC 36 Derek Warwick Toleman-Hart 1:36.999 +7.788 NSC 31 Beppe Gabbiani Osella-Ford 1:37.493 +8.282

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 63 2:01:25.20 10 9 2 7 John Watson McLaren-Ford 63 + 6.23 9 6 3 27 Gilles Villeneuve Ferrari 63 + 1:50.27 11 4 4 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 62 + 1 volta 15 3 5 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 62 + 1 volta 1 2 6 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 62 + 1 volta 7 1 7 22 Mario Andretti Alfa Romeo 62 + 1 volta 16 8 17 Derek Daly March-Ford 61 + 2 voltas 20 9 33 Marc Surer Theodore-Ford 61 + 2 voltas 19 10 2 Carlos Reutemann Williams-Ford 60 + 3 voltas 2 11 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 59 + 4 voltas 22 12 3 Eddie Cheever Tyrrell-Ford 56 Motor 14 Ret 8 Andrea de Cesaris McLaren-Ford 51 Trompo 13 Ret 15 Alain Prost Renault 48 Colisión 4 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 45 Colisión 5 Ret 9 Slim Borgudd ATS-Ford 40 Trompo 21 Ret 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 35 Trompo 6 Ret 32 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 26 Colisión 23 Ret 1 Alan Jones Williams-Ford 24 Dirección 3 Ret 28 Didier Pironi Ferrari 24 Encendido 12 Ret 14 Eliseo Salazar Ensign-Ford 8 Trompo 24 Ret 25 Patrick Tambay Ligier-Matra 6 Trompo 17 Ret 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 6 Trompo 18 Ret 16 René Arnoux Renault 0 Colisión 8 NSC 20 Keke Rosberg Fittipaldi-Ford NSC 21 Chico Serra Fittipaldi-Ford NSC 35 Brian Henton Toleman-Hart NSC 30 Jacques Villeneuve Arrows-Ford NSC 36 Derek Warwick Toleman-Hart NSC 31 Beppe Gabbiani Osella-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Carlos Reutemann 49 2 Nelson Piquet 48 3 Jacques Laffite 43 4 Alain Prost 37 5 Alan Jones 37

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Ford 86 2 Brabham-Ford 59 3 Renault 48 4 Ligier-Matra 43 5 Ferrari 34

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas ''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Véxase tamén

Ligazóns externas

Canadá Categoría:Gran Premio do Canadá de Fórmula 1