Francisco Paradela Núñez, nado en Ourense o 21 de xaneiro de 1898 e finado na Pobra de Trives o 9 de agosto de 1936, foi un comerciante e dramaturgo galego.
Traxectoria Fillo de José Paradela Domínguez e Juana Núñez Cid. Traballador de banca en Ourense, axente de vendas de Ford e viaxante. Foi secretario da sociedade deportiva Victoria FC,La Región, 12-6-1920, p. 2. e vicesecretario da sociedade Unión Artística Orensana.La Región, 19-12-1922, p. 22. En 1930 foi elixido secretario da directiva da Unión de Automóviles y Servicios Libres de Turismos de Alquiler de Ourense.La Región, 22-1-1930, p. 1. Grande esmorgante e humorista, foi membro da sociedade Akademos d'Ourens dedicada a investigar sobre a influencia grega na Galicia prerromana, que tiña a súa sede no café La Unión de Ourense. Francisco foi o director das actividades populares do grupo, que representaba cancións escenificadas, tangos orquestrados sen instrumentos, o "carnaval de Roma" e os "remeros do Volga", comedietas eróticas burlescas improvisadas, as "comedias fúnebres de Aladino", ventriloquia sen monecos, xuízos orais, poesías, contos e situacións. Foi autor de números e sketchs de variedades moi celebrados, aínda que non deixou obra publicada.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo. O 2 de agosto xunto con Aquilino Sánchez Rodríguez e Joaquín Losada Filgueira que viñan da prisión do Carballiño, foron conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). A Francisco Paradela prendéronlle lume e despois metrallárono o 9 de agosto.
Vida persoal
Casou con María Doval Iglesias e foi pai de María, Elisa, Olga e Francisco Paradela Doval. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1898 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos