O alfabeto ge'ez ( ), (tamén coñecido como etíope) é un sistema de escrita alfasilabario empregado por varias linguas de Etiopía e Eritrea. Orixinouse como un abjad (alfabeto só consonántico) e foi empregado primeiramente para escribir a lingua ge'ez, hoxe unha lingua litúrxica da Igrexa Etíope Tewahedo e da Igrexa Tewahedo de Eritrea. En amhárico e tigriña chámase (), que significa "escrita" ou "alfabeto".
O alfabeto ge'ez foi adaptado para escribir outras linguas, moitas delas semíticas, particularmente ó amhárico en Etiopía, e o tigriña en Eritrea e Etiopía. Tamén é usado no sebatbeit, no me'en, e noutras linguas de Etiopía. En Eritrea emprégase no tigré, e tradicionalmente polo blin.
Véxase tamén Ligazóns externas Omniglot.com
Categoría:Alfabetos