Rosa Agazzi, nada en Volongo o 26 de marzo de 1866 e finada na mesma vila o 9 de xaneiro de 1951, foi unha pedagoga italiana, irmá de Carolina Agazzi.

Traxectoria Estudou na escola normal de Brescia, a primeira educación básica. En 1891 participou nun congreso para educadores de parvulario, e foi aquí onde nace o seu amor por esta rama da educación, e ao ano seguinte xa dirixía dous xardíns infantís. En 1898, comeza a facerse famoso o método de ensinanza que desenvolveu ela e máis súa irmá, logo de expoñelo no Congreso Pedagóxico Nacional.

Metodoloxía

Principios didácticos Os principios didácticos da súa metodoloxía son:

Coñecemento a través da observación: o neno ten dentro de si habilidades que o axudan a aprender. Carácter globalizador: isto fala de que os nenos aprenden dunha forma xeral, eles ven conxuntos, non individuos. Valoración da actividade do neno: é necesario que os nenos experimenten e fagan cousas para que estes as entendan. Valor da alegría: aprender a recoñecer e tomar vantaxe dos xogos dos nenos, que e cando estes baixan a garda e entréganse ao que o xogo lles pode ensinar. Valor da orde: orde material, estético, espiritual, moral, social e harmónico.

Elementos destacados do modelo Para o completo desenvolvemento deste método, é moi importante que as escolas conten con dous elemento que axudarán ao desenvolvemento das habilidades dos nenos:

O museo didáctico: un recuncho, estante ou baúl no que os nenos e nenas poidan atopar toda clase de obxectos que os axuden a desenvolver as súas habilidades. Deben ser obxectos sinxelo e con diferentes formas, tamaños e cores. Os contrasinais: símbolos ou xestos que lles axuden a manter a orde, a limpeza e a disciplina sen que faga falta dicilo de forma explícita.

O lema desta técnica e “preparar para a vida facendo vivir”. É por isto que a partir de diversas actividades os nenos son ensinados a manterse na limpeza, na saúde, na cultura física e a súa linguaxe.

Areas fundamentais no seu sistema Educación sensorial: desenvólvese ordenando por cores, materias e formas dos obxectos. Instrución intelectual: baséase na exploración do mundo e na percepción natural dos conceptos. Educación do sentimento: contra a agresividade. Desenvólvese practicando a relixión, a educación física e a educación moral.

Impacto da metodoloxía O método Agazzi influíu notablemente na educación infantil italiana. Segundo datos do ministerio de educación italiano calcúlase que no 1948 o seguían o 74% das escolas infantís italianas. En España a súa incidencia foi moito menor, se ben certos elementos como o uso de contrasinais ou o recoñecemento dunha certa función maternal das educadoras infantís debémosllo as Agazzi.

Véxase tamén Outros artigos Didáctica Educación infantil Pedagoxía

Categoría:Pedagogos de Italia Categoría:Nados en 1866 Categoría:Nados en Verona Categoría:Finados en 1951