Carolina Agazzi, nada en Volongo en 1870 e finada na mesma vila en 1945 foi unha pedagoga italiana.
Traxectoria Canda a súa irmá Rosa Agazzi traballou no ámbito da educación infantil e a súa metodoloxía tivo moita influencia neses anos.
O seu método baséase en respectar escrupulosamente a liberdade e espontaneidade do neno mediante o seu traballo independente e a presentación de contidos a través actividades lúdicas. Na súa metodoloxía optan por unha disposición circular dentro da aula e empregan unha canción para amenizar e acompañar as actividades.
O método Agazzi influíu notablemente na educación infantil italiana. Segundo datos do ministerio de educación italiano calcúlase que en 1948 era seguido no 74% das escolas infantís italianas. En España a súa incidencia foi moito menor, aínda que certos elementos como o uso de contrasinais ou o recoñecemento dunha certa función maternal das educadoras infantís debémosllos ás Agazzi.
A súa metodoloxía baséase en tres áreas fundamentais: Educación sensorial: Para desenvolver esta área utilizan o método de ordenar elementos por cores, tamaños, formas. Instrución intelectual: Esta área baséase na exploración do mundo e a percepción natural dos conceptos. Educación do sentimento: Esta área está desenvólvese practicando a relixión, a moral e a educación física.
Obras La lingua parlata (1898) L'arte delle piccole mani (1923) Guida per le educatrici dell'infanzia (1932)
Véxase tamén
Outros artigos
Didáctica Educación infantil Pedagoxía
Categoría:Pedagogos de Italia Categoría:Nados na provincia de Cremona Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1945