Maroon 5 é un grupo musical estadounidense de pop rock que se creou nos Ánxeles (California). Formado en 1994 co nome de Kara's Flowers cando os seus membros estaban aínda en secundaria, estaba formado orixinalmente por Adam Levine (voz e guitarra), Jesse Carmichael (guitarra, coro) Mickey Madden (baixo) e Ryan Dusick (batería). Kara's Flowers asinou con Reprise Records e lanzou un álbum, The Fourth World, en 1997. Despois da tépeda resposta que tivo o álbum, a banda separouse do selo e os seus membros comezaron estudos universitarios. Dusick e Madden asistiron á UCLA, mentres que Levine e Carmichael trasladáronse á costa leste para ir á Five Towns College. Mentres Levine e Carmichael estiveron en Nova York, recibiron a influencia da música urbana da cidade, e ese estilo influíu nas cancións que escribiron. (require rexistro)
Discografía Songs About Jane (2002) It Won't Be Soon Before Long (2007) Hands All Over (2010) Overexposed (2012) V (2014)
Outros álbums The Fourth World (1997; como Kara's Flowers)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Artistas de Interscope Records Categoría:Artistas de A&M Records Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1994