Elizaveta Nikolayevna Kedrova, nada en San Petersburgo (Rusia) o 9 de outubro arredor de 1918O ano de nacemento non está confirmado. e finada en Sault St. Maire (Canadá) o 16 de febreiro de 2000, foi unha actriz francesa de orixe rusa.
Traxectoria Os pais de Kedrova eran cantantes de ópera rusos, Nikolay Kedrov, Sr., tamén compositor, e Sofia Gladkaya. En 1922 a familia emigrou a Berlín e en 1928 marcharon a Francia, onde Sofia deu clases no conservatorio.
Kedrova uniuse á compañía de arte teatral de Moscova en 1932 e pouco despois iniciou a súa carreira cinematográfica no cinema francés. O seu primeiro papel en inglés foi o Mme Hortense en Zorba the Greek (1964), filme co que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. En 1983 volveu interpretar o papel en Broadway e gañou o Tony.
Faleceu en 2000 na súa casa de verán en Ontario, vítima do Alzheimer.
Filmografía Título Ano Ultimatum 1938 Weg ohne Umkehr 1953 Le Défroqué 1954 Le grand jeu 1954 Les Impures 1955 Les Chiffonniers d'Emmaüs 1955 Des gens sans importance 1955 Futures vedettes 1955 Razzia sur la chnouf 1955 Calle Mayor 1956 Jusqu'au dernier 1957 Ce joli monde 1957 The Lovers of Montparnasse 1958 Mon pote le gitan 1959 Jons und Erdme 1959 La Femme et le Pantin 1959 Kriss Romani 1963 La Mort d'un tueur 1964 Zorba the Greek 1964 A High Wind in Jamaica 1965 Cortina esgazada 1966 Penelope 1966 Maigret à Pigalle 1967 Le Canard en fer-blanc 1967 The Girl Who Couldn't Say No 1969 A carta do Kremlin 1970 A Time for Loving 1971 Rak 1972 Escape to the Sun 1972 Soft Beds, Hard Battles 1974 Alla mia cara mamma nel giorno del suo compleanno 1974 The Cursed Medallion 1975 Eliza's Horoscope 1975 Le Orme 1975 Le locataire 1976 Moi, fleur bleue 1977 Nido de Viudas 1977 Le Paradis des riches 1978 Le Cavaleur 1979 Les Égouts du paradis 1979 Clair de femme 1979 Tell Me a Riddle 1980 Les Parents terribles 1980 Il Turno 1981 Blood Tide 1982 Testament 1983 Sword of the Valiant 1984 Some Girls 1988 A Star for Two 1991 Next Time the Fire 1993
Premios Premios Oscar Mellor actriz secundaria1964 - Zorba the Greek
Premios Tony Mellor actriz de musical1983 - Zorba the Greek
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Rusia Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados no século XX Categoría:Finados en 2000 Categoría:Finados por alzhéimer Categoría:Franceses de ascendencia rusa