My Diet Pill é unha banda de Folk-rock de Niza, Francia. Ata o momento teñen editado dous álbums e dous EPs dende a súa creación no 1997. Xa que non teñen ningunha discográfica ou representante, xestiónano todo eles mesmos, incluíndo as gravacións dos discos e os contratos dos concertos.

Desfrutan de certa popularidade no seu país natal e, grazas a Internet e ás redes p2p de intercambio de arquivos (alguén adicouse a pór cancións deles nos ficheiros de álbums de grupos máis coñecidos) o seu número de fans no mundo crece cada día. Ata o de agora, levan tocado máis de 200 concertos en Europa.

Membros Vlad - Voz, guitarra, teclado e desaparafusador. D'argirolle - Voz, guitarra, harmónica e teclados. Rj - Voz, baixo e harmónica. Alex - Batería e 303.

Discografía Álbums First Album - 1999 Second Album - 2004 EPs Giraf'EP - 1997 French EP - 2004 Beautiful Girls Like Science-Fiction - 2009 (EP con 5 pistas máis 10 remisturas. Inclúe unha banda desañada con 20 páxinas a cor.)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Tablaturas para guitarra

Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de folk rock