Pedro González de Mendoza, nado en Guadalaxara o 3 de maio de 1428 e finado na mesma cidade o 11 de xaneiro de 1495, foi un eclesiástico, político, militar e mecenas castelán, coñecido como Gran Cardeal de España.
Mendoza constitúe unha das figuras máis brillantes da aristocracia da segunda metade do século XV, no paso do mundo medieval ao moderno: Entronizouse na Igrexa española grazas á súa liñaxe, pero tamén á súa formación universitaria, xenealoxista e coñecedor de historia e nobiliaria; destacou como administrador de asuntos de Estado e por preocuparse da educación do clero. Por outra banda, a súa vida privada foi ao estilo da época; tivo varios cargos, residiu na corte e lexitimou aos seus fillos naturais. No político, o cardeal alcanzou grande influencia con Henrique IV de Castela e co papa Sisto IV, e en tempos dos Reis Católicos dicíase que era «o terceiro rei de España». Prosperou entre guerras civís e cambios grazas aos seus grandes méritos como conselleiro de Castela, axente diplomático e bispo-guerreiro, e á súa capacidade para adaptarse, permanecer xunto ao triunfador e practicar o nepotismo. No cultural Mendoza foi un mecenas excepcional e un dos responsables de tres cambios fundamentais na mentalidade moderna: o avance do Renacemento en España, o descubrimento de América e a expulsión dos xudeus españois.
Traxectoria Primeiros anos Pertencente á alta nobreza e ao liñaxe da Casa de Mendoza, foi o quinto fillo de Íñigo López de Mendoza, primeiro marqués de Santillana, e da súa esposa Catalina de Figueroa; os seus pais destinárono á carreira eclesiástica desde o berce.
Pasou a súa mocidade en Guadalaxara; estando destinado á carreira eclesiástica, a influencia dos Mendoza facilitou o seu nomeamento de cura de Santa María de Hita con doce anos de idade, e de arcediago de Guadalaxara con catorce. En 1442 o seu pai mandouno a Toledo para educarse xunto ao seu tío, o entón arcebispo Gutierre Álvarez de Toledo; alí estudou Retórica, Historia e Latín, ata a morte do seu protector en 1445.
Despois pasou a estudar Canons e Leis na Universidade de Salamanca entre 1446 e 1452, doutorándose en ambas ramas do Dereito, o civil e o eclesiástico.
Na corte de Xoán II En 1452 chega á corte de Xoán II, onde é nomeado capelán da capela real. Un ano despois, en xuño de 1453, morría decapitado en Valladolid Álvaro de Luna, favorito ata entón do rei e inimigo recalcitrante do marqués de Santillana. O ano seguinte (1454) morría o rei Xoán II, e á idade de 27 anos sería designado Pedro bispo de Calahorra e a Calzada.
Na corte de Henrique IV En maio de 1455, o novo rei Henrique IV de Castela organizou unha campaña contra o reino de Granada, na que participaron o marqués de Santillana e a maioría dos seus fillos, irmáns de don Pedro. Antes de partir, fixo testamento o marqués e legou ao seu quinto fillo, o clérigo, o señorío sobre as vilas alcarreñas de Pioz e El Pozo de Guadalajara. Na primeira delas, Mendoza levantaría, pouco despois, un coqueto castelo que aínda se conserva. En 1456 o novo bispo de Calahorra deixou de residir na súa sé e pasou á corte de Henrique IV, onde iniciou unha nova etapa de intensa actividade política.
Cando morreu o seu pai, en marzo de 1458, Pedro González de Mendoza pasou a encabezar a poderosa familia dos Mendoza, que máis tarde daría orixe a varias liñas da alta aristocracia castelá, como a Casa do Infantado ou a do marquesado de Mondéjar; utilizando habilmente as súas grandes influencias en córtea castelá, para o seu encumbramento persoal e o dos seus irmáns.
Tras un primeiro momento de enfrontamento co rei, converteuse nun dos seus conselleiros máis próximos e tomou parte activa, sempre en favor de Henrique IV, nas loitas contra a nobreza; mantívose permanentemente enfrontado ao arcebispo de Toledo Alfonso Carrillo de Acuña e a Juan Pacheco, marqués de Villena, os seus grandes rivais na corte. Desde entón, a política dos Mendoza consistiu en prosperar mediante o apoio ao poder real e combatendo as tendencias máis contestatarias da nobreza. Nestas circunstancias o rei recompensou a Pedro en 1456 coa mitra episcopal da vila de Sigüenza, nas terras da familia.
En marzo de 1460 Pacheco, entón favorito do rei, enviou tropas contra Guadalaxara, a vila onde os Mendoza mantiñan o seu dominio, logrando apoderarse dela cunha celada. Nomeou novos cargos favorables ao seu partido e declarou fóra da lei a Diego Hurtado de Mendoza, segundo marqués de Santillana, e aos seus irmáns, quen tiveron que fuxir a Sigüenza, onde Pedro González de Mendoza xa era titular do bispado. E para agradar á poboación, Pacheco non dubidou en conseguir que Henrique IV de Castela outorgase a Guadalaxara o título de «cidade».
Non durou moito a mala fortuna familiar, e o bispo logrou facer as paces co rei e ata enemizalo co de Villena, facilitando a chegada dun novo favorito á corte, Beltrán de la Cueva, xenro de Diego Hurtado de Mendoza, segundo marqués de Santillana e irmán máis vello de Pedro.
A partir de 1462, a lealdade dos Mendoza a Henrique IV traduciuse nun apoio permanente aos dereitos da súa filla Xoana de Castela, nacida o 28 de febreiro daquel ano, fronte á aposta de Carrillo e Pacheco polos medio irmán do rei, Afonso e Isabel.Henrique IV de Castela era o fillo primoxénito do rei Xoán II de Castela coa súa primeira esposa, María de Aragón mentres que os infantes Afonso e Isabel, futura Isabel I de Castela, eran fillos do segundo matrimonio de Xoán II con Isabel de Portugal. Estes non dubidaron en estender a especie, sen ningún tipo de probas, de que a princesa non era filla do rei, senón de Beltrán da Cueva, co que lle quedou o cruel alcumo co que pasou á historia
O conflito sucesorio e o cambio de bando O rei dependeu cada vez máis do apoio dos Mendoza ante adversarios tan poderosos. Non tardou en estalar a guerra civil; en 1465, na farsa de Ávila, o arcebispo Carrillo quitou a coroa a un boneco que representaba a Henrique IV e o seu partido alzouse en armas, apoiando os dereitos do pequeno Afonso de Castela, medio irmán do rei. Pedro González de Mendoza dispuxo que o seu irmán Íñigo López de Mendoza y Figueroa custodiase á princesa Xoana na fortaleza de Buitrago e que tropas do seu irmán Diego Hurtado de Mendoza blindaran os territorios que a familia posuía na fronteira de Aragón, co obxectivo de evitar a entrada en Castela do príncipe Fernando a raíz do seu casamento coa princesa Isabel.
O bispo loitou persoalmente xunto a outros membros da familia Mendoza na segunda batalla de Olmedo de 1467 na defensa da causa de Henrique IV de Castela; pero este apoio non foi de balde. Coa habilidade indicada para a obtención de novos cargos eclesiásticos, que lle darían importantes beneficios económicos, Pedro obtivo en 1469 o cargo de abade de San Zoilo, en Carrión dos Condes, por bula do papa Paulo II, e tamén, a petición de Henrique IV ante o Papa, sería nomeado arcebispo de Sevilla.
Mentres tanto, a morte do príncipe Afonso no verán 1468 non supuxo o fin da rebelión. Carrillo apostou pola moza Isabel, irmá do príncipe falecido e futura raíña de Castela. Os Mendoza mantiveron firme a súa aposta pola princesa Xoana, ata tal punto que viron con bochorno, e como unha traizón, o feito de que o rei Enrique cedese, nos touros de Guisando, os dereitos da súa filla.
E aínda que fora principal valedor dos dereitos lexítimos de Xoana de Castela, a partir de 1473, un ano antes da morte do rei, pasáronse don Pedro González de Mendoza e todos os seus irmáns ao bando da princesa Isabel. Neste xiro pesou a rivalidade na carreira eclesiástica e política co arcebispo Carrillo. Tampouco foi allea a visita que aquel ano fixo a Castela e a Sigüenza o futuro papa Alexandre VI, o entón cardeal Borja, coa promesa de grandes mercés do partido aragonés en Roma. Detrás estaba o rei Xoán II de Aragón, antigo protagonista das guerras civís castelás como duque de Peñafiel e agora principal valedor dos dereitos do seu fillo Fernando. As promesas cumpríronse rapidamente e o papa Sisto IV nomeouno cardeal baixo a advocación de Santa María in Dominica, que logo el cambiou pola de Santa Cruz; o rei titulouno «Cardeal de España», tamén a finais daquel mesmo ano.
Desde entón Pedro González de Mendoza e toda a súa familia permaneceron á beira da futura raíña, é dicir, da persoa que ao seu criterio estaba mellor situada e máis capacitada para exercer o poder real do que dependía a prosperidade do clan. Mortos Pacheco e Henrique IV, acudiu en decembro de 1474 á coroación de Isabel en Segovia, e alí excitou definitivamente os celos do seu rival Carrillo, que decidiu pasarse ao bando de dona Xoana e iniciar outra nova guerra. O cardeal Mendoza constituíu un apoio decisivo durante a Guerra de Sucesión Castelá para a causa isabelina contra os partidarios de Xoana de Castela.
Na corte dos Reis Católicos miniatura|350px|Cortello do bautizo do príncipe don Juan, fillo dos Reis Católicos, polas rúas de Sevilla, obra de Francisco Pradilla. Os Reis Católicos e o cardeal Mendoza, arcebispo de Sevilla, presiden o cortello. A colaboración do cardeal e os monarcas foi inmediata e total, sen fisuras; como cando mandou os exércitos reais contra a invasión portuguesa, o 1 de marzo de 1476 na batalla de Toro, que serviu para asentar definitivamente a Isabel no trono castelán. Mendoza converteuse nun dos principais conselleiros dos Reis Católicos, sobre todo en asuntos relixiosos; e tamén nun dos negociadores máis capacitados do seu aparello diplomático. En 1477 obtivo un grande éxito acabando coa belixerancia francesa a favor de Xoana e conseguindo inclinásense cara aos reis na guerra civil do Reino de Navarra; o rei Lois XI de Francia quedou tan encantado co cardeal que o nomeou Abade de Fécamp. Ao ano seguinte recibiu «en administración perpetua» o bispado de Osma, e a raíña Isabel lexitimou aos dous fillos que tivera con dona Mencia.
Restitución de Rosellón e Cerdaña miniatura|200px|dereita|Mapa xeo-político de Francia e fronteira con España en 1477. Xoán II de Aragón, pai de Fernando II de Aragón, tiña empeñados en garantía dun crédito o condado de Rosellón e o condado de Cerdaña ao rei Lois XI de Francia. Cando o 14 de xuño de 1474 tropas francesas invadían o Rosellón, España, que xa estaba en guerra con Francia, tamén o estivo por Cataluña. Mediante a diplomacia do cardeal ofreceuse a Lois XI unha resolución xurídico-diplomática do conflito e obtivo un ano de tregua. As delegacións deputadas achegáronse a Hondarribia e Baiona reuníndose en San Juan de Luz o 9 de novembro de 1478. Por parte dos reis acudiu Juan Ruíz de Medina e por parte do cardeal, que actuaba como «terceiro» ou «tercería» entre España e Francia, Alonso Yañez, vicario do bispado de Siguenza e diplomático seu. Pola do rei de Francia o conde de Lescaut e o bispo de Lubierre, abade de san Denis.
O rei de Francia outorgou poder ao cardeal, por capítulo de cinco anos (1483), para a tenencia provisional («en tercería») de Perpiñán («capital do condado de Rosellón») con todas as fortalezas de ambos condados ata dilucidar as diferenzas sobre o señorío. A tregua capitulada ratificouse en Guadalupe en febreiro de 1479. Un ano logo da Conquista de Granada (1492) Fernando II de Aragón retomaba a pacífica posesión dos condados, a quen correspondían pola súa condición de rei de Aragón desde que, no seu testamento, Xerardo II, último conde independente de Rosellón, estableceu que o condado «todo integramente douno ao meu señor o rei dos aragoneses» pola fe depositada no seu soberano Afonso II de Aragón, que foi recoñecido como rei en Perpiñán en 1172.José Ángel Sesma Muñoz, La Corona de Aragón, Zaragoza, CAI (Colección Mariano de Pano y Ruata, 18), 2000, págs. 59-60.
Arcebispo de Toledo