Xulio Ricardo Trigo, nado en Betanzos en 1959 é un novelista, poeta e tradutor galego de lingua catalá.

Traxectoria No ano 1965 el e maila súa familia mudáronse a Valencia. Viviu temporalmente en 1992-93 en Barcelona, volvendo despois a Valencia. Desde 2005 mora en Tarragona.

Foi redactor das páxinas culturais do Diari de Barcelona. Dirixiu as páxinas literarias do semanario El Temps e colaborou tamén noutros diarios e revistas con artigos literarios. Desde 1994 dedícase plenamente á literatura.

Entre a súa produción, destaca en narrativa La desaparició d'Evelyn e Després de l'oblit, mentres en poesía é de recoñecer o seu Llibre de quietud. En narrativa xuvenil publicou La passió d'Alexandra, publicada como A paixón de Alexandra na Colección Fóra de Xogo de Xerais, obra na que descobre ao lector o mundo do bookcrossing. Listaxe de obra escrita publicada

Participación en volumes colectivos Jo sóc aquell que em dic Gerard, Terres de l'Ebre, Editorial Petròpolis, 2010.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Xulio Ricardo Trigo

Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Escritores en lingua catalá Categoría: Poetas de Galicia Categoría: Galegos de Cataluña Categoría: Nados en Betanzos Categoría: Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes