Camille Rowe-Pourcheresse, nada en París o 7 de xaneiro de 1990,. é unha modelo e actriz francesa-estadounidense.
Traxectoria Rowe naceu en París, filla de nai estadounidense que era modelo e bailarina en Le Lido, e de pai francés, cuxa familia está no negocio da restauración. A súa nenez estivo dividida entre París, Brooklyn e California. Foi descuberta no 2008 nun café en París mentres estaba a estudar para a universidade. Apareceu en campañas de Dior Homme (xunto con Robert Pattinson),. Chloé, 3 Suisses, H&M, Louis Vuitton, Victoria's Secret, Gap, Abercrombie & Fitch e Tommy Hilfiger. Tamén apareceu en portadas de varias revistas como Vogue Paris, Elle, L'Officiel, CRASH, Marie Claire e Madame Figaro.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en París Categoría:Actores de Francia Categoría:Modelos femininas de Francia Categoría:Franceses de ascendencia estadounidense