A apóutega, mel de raposo, tetos, abuítega,venturiñoNombres vernáculos del táxon Cytinus hypocistis (L.) L. , ameleira, mel do cuco, chuchamelosAo noroeste do Noroeste, tamén coñecida como póutiga ou apóutiga Instituto da Lingua Galega - Dicionario: ApóutigaNome galego en Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo, de nome científico Cytinus hypocistis, é unha especie de planta parasita que é polinizada polas formigas, pertencente á familia Cytinaceae. Parasita nas raíces de plantas dos xéneros Cistus e Halimium. Atópase principalmente na zona mediterránea, é a especie tipo para o xénero Cytinus.
miniatura|Cytinus hypocistis
Descrición Posúe talos floríferos de 3-13(16) cm, solitarios ou en mandas de até 10(13) sobre a mesma raíz, erectos, de 10 mm de diámetro na base e 20 mm no ápice, glabros ou con pubescencia glandulosa. As follas de 15-25(30) x 4–10 mm, oblongas ou ovadas, ± densas, imbricadas, obtusas, irregularmente dentadas (fimbriadas), as hipoxeas abrancazadas, as epixeas amarelentas ou vermellas, mesmo dunha cor escarlata na parte apical. Inflorescencias con (3)4-14(20) flores; brácteas de 10(15) - 3 mm, da mesma cor que as follas ou de coloración máis intensa; bractéolas algo máis pequenas e estreitas, elípticas, cóncavo-convexas, enteiras, papilosas ou glandulosas, vermellas ou dunha cor escarlata. Perianto das flores masculinas de 12-15(17) mm, co tubo bruscamente constreñido baixo os lobos; o das femininas, de 12–30 mm, laxeniforme, papiloso –rara vez glanduloso– sobre todo na cara externa, de cor amarela ou amarela limón; lobos 4-8(10) mm. Froito de 5–10 mm de diámetro, amarelo. Sementes de 0,1-0,2 mm, numerosas, elipsoides. Posúe un número de cromosomas diploide (2n) = 32.Cytinus hypocistis en Flora Vascular
Taxonomía Cytinus hypocistis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Genera Plantarum, ed. 6 576. 1764.
Sinonimia Asarum hypocistis L. basónimo Cytinus hypocistis var. lutea (Fourr.) Briq. Cytinus hypocistis var. ochraceus Guss. Cytinus hypocistis subsp. ochraceus (Guss.) Wettst. Cytinus hypocistis f. solaris Finschow Hypocistis hypocistis (L.) Linding. Hypocistis lutea Fourr. Thyrsine hypocistis Walp.
Distribución
Cytinus hypocistis é nativa tanto da Península Ibérica como das illas Baleares e das Canarias, Albania, Alxeria, Creta, Croacia, Chipre, Grecia, Francia (incluíndo Córsega), Israel, Italia (incluíndo Sardeña e Sicilia), Líbano, Libia, Malta, Marrocos, Portugal, Siria, Tunisia e Turquía.
Atópase presente na penumbra de xarais do Parque Natural de Los Alcornocales en Andalucía, na matogueira baixa asociada á sobreira do mediterráneo. Tamén está presente en Galicia.
A subespecie macranthus é nativa de Portugal e España occidental; orientalis é nativa do sur de Grecia e Creta; e pityusensis é endémica de Eivisa.
Usos
Cytinus hypocistis empregouse na medicina tradicional para tratar a disentería e os tumores da gorxa, e tense empregado polas súas propiedades adstrinxentes, antidiarreicas e emenagogas.
Segundo Pius Font i Quer "é mellor empregala fresca. Recóllese en primavera e prénsase; emprégase o zume, que se toma a culleradas, cantas se precise, para conter os cursos diarreicos e para reprimir as menstruacións demasiado copiosas. Tamén se pode desecar o zume ao sol e gardalo en papel de estaño".
Nomes vernáculos galegos En Galicia hai gran cantidade de nomes comúns para esta planta, algúns deles son: abuítega, ameleira, ameleiras, amoleiras, apoitega, apoutega, apóitiga, apóutega, apóutiga, apóutigas, chuchameles, chupameles, coalhadas, cuca, cucas, fuchiga, gaitores, hipocístide, maias, margarida, margaridas, margaritas, mel de raposo, mielgas, nocella, nocellas, petugas, poitega, pourtegas, poutas, poutega, poutegas, poútega, puchegas, puchigas, puga, pugas, pustigos, putegas, puticas, putigas, pé de lebre, póutega, póutiga, pútegas, pútiga, tetos, veituriños, venturiña, venturiño e venturiños.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Davis, P. H., ed. 1965–1988. Flora of Turkey and the east Aegean islands Fedorov, A. A., ed. 1974. Florae partis europaeae URSS Greuter, W. et al., ed. 1984. Med-Checklist Hansen, A. & P. Sunding., ed. 1993. Flora of Macaronesia: checklist of vascular plants, ed. 4. Sommerfeltia vol. 17 Izquierdo Z., I. et al., ed. 2004. Lista de especies silvestres de Canarias: hongos, plantas y animales terrestres Jalas, J. & J. Suominen, ed. 1972. Atlas florae europaeae
Outros artigos Historia da botánica
Ligazóns externas Apóutiga, na columna De sol a sol de Xosé Carlos Caneiro en La Voz de Galicia
Categoría:Flora da Europa Atlántica Categoría:Flora de Galicia Categoría:Cytinus Categoría:Plantas descritas en 1753