Gabriel Omar Batistuta, nado en Reconquista (Provincia de Santa Fe) o 1 de febreiro de 1969, é un exfutbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro, foi alcumado futbolisticamente coma Batigol. No seu momento foi o máximo goleador da historia da Selección de fútbol da Arxentina, até que foi superado por Leo Messi. Tamén foi adestrador de fútbol e xogador de Polo no seu país natal.

Traxectoria Debutou na primeira división arxentina co CA Newell's Old Boys no ano 1988, ao finalizar esa tempada fichou por un dos grandes da liga, o CA River Plate, porén mediada a tempada fichou polo eterno rival, o CA Boca Juniors. As súas boas actuacións fixeron que en 1991 dera o salto a Europa, ao fichar pola ACF Fiorentina da Serie A italiana.

No equipo italiano pasou os mellores anos da súa carreira, militando no mesmo nove tempadas sendo o máximo goleador do campionato en 1995 e gañando a Copa e Supercopa italianas en 1996.

No verán do ano 2000 fichou polo AS Roma, onde xogou os últimos anos ao máximo nivel, xa que ao final de 2003 foi cedido ao Inter de Milán no que acabou a tempada antes de fichar polo Al-Arabi de Qatar, onde se retirou do fútbol profesional en 2005.

Deixou unha profunda impresión na Serie A italiana, da que é un dos máximos goleadores estranxeiros da súa historia.

Palmarés Competicións por equipos Título Club País Ano Primeira División CA River Plate Arxentina 1990/89 Serie B ACF Fiorentina Italia 1994 Copa de Italia ACF Fiorentina Italia 1996 Supercopa de Italia ACF Fiorentina Italia 1996 Serie A AS Roma Italia 2001 Supercopa de Italia AS Roma Italia 2001 Liga de Qatar Al-Arabi Qatar 2004

Coa selección de fútbol da Arxentina TítuloSeleccionadoPaísAnoCopa AméricaSelección Arxentina Chile1991Copa KirinSelección Arxentina Xapón1992Copa Rey FahdSelección Arxentina20px Arabia Saudita1992Copa Artemio FranchiSelección Arxentina Arxentina1993Copa AméricaSelección Arxentina Ecuador1993

Estatísticas ClubTempadaLigaCopa Nac.Copa Inter.TotalEnc.GolesEnc.GolesEnc.GolesEnc.GolesCA Newell's1988/89236--53289 Total 23 6 - - 5 3 28 9CA River Plate1989/90244----244 Total 24 4 - - - - 24 4CA Boca Juniors1990/913713--1064719 Total 37 13 - - 10 6 47 19ACF Fiorentina1991/92271331--30141992/93321633--35191993/942616432232211994/95322652--37281995/96311988--39271996/973213327442191997/98312153--36241998/992821643137261999/003023301164429 Total 269 168 40 26 23 13 332 207AS Roma2000/012820--3131212001/02236108032620021742161256 Total 68 30 3 1 17 2 88 33Inter de Milán2003122----122 Total 12 2 - - - - 12 2'''Al-Arabi SC20px Qatar 2003/042326----23262004/0530----30 Total 26 26 - - - - 26 26 Total na súa carreira 459 249 43 27 47 27 557 300

Véxase tamén

Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Nados en 1969 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Al-Arabi SC Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1994 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002 Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América