miniatura|200px|Pudin de Nadal. Un pudinNome en galego segundo o dicionario da Real Academia Galega a través do Portal das Palabras. é unha sobremesa doce, de orixe inglesa e consistencia cremosa, elaborada xeralmente con leite, pan esfaragullado, ovos, azucre e froitas ou froitos secos, que se cociña nun molde ao forno ou ao baño maríaDefinición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.. Hoxe en día existente en moitas gastronomías, salientado na cociña inglesa e estadounidense, pode tamén estar composto de diferentes ingredientes dependendo da rexión: migallas de pan, biscoito, arroz, sémola etc. aglutinado con ovo e adubado ás veces con crema de ovo ou froitas diversas.

Hoxe en día é común como sobremesa en Galicia.

Etimoloxía A palabra galega pudin procede da inglesa pudding (pronunciada [pudiŋ]), e esta probabelmente da francesa boudin (pronunciada [budε ̃]), que pola súa parte deriva da latina botellus co significado de ¨embutido¨ facendo referencia á forma de envoltorio que teñen os pudins.

Características Existen diferentes variantes do pudin; no seu sentido máis xeral acostuma ser doce (masa, leite, ovo, froitas etc) mais existen variantes salgadas semellantes ás salchichas ou embutidos, incluso de peixe.

Cando se serve como sobremesa adóitase acompañar de nata ou caramelo.

Tipos A meirande parte dos pudins pertencen ás cociñas de orixe anglosaxoa.

Baseados en sobremesas

Pudin de arroz Pudin de chocolate Pudin de millo ou corn pudding Pudin de pan Pudin de pan e manteiga Pudin de cenoria Cheshire pudding Clootie dumpling Duff Figgy duff Figgy pudding Fruit pudding Hasty pudding Jam Roly-Poly Melkert (pudin de leite condensado que non precisa forno) Spotted dick Sticky date pudding Sticky toffee pudding Summer pudding

Baseados en embutidos

Black pudding Haggis Kugel Red pudding White pudding Groaty pudding Hog's pudding

Outros

Blanc-mange Chocolate pudding, versións estadounidense e asiática Custard Quesada pasiega Haupia Junket Mango pudding Pudding Pops Tapioca pudding ''Pudding Corn

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Torrada (doce) Flan

Categoría:Pratos de ovos Categoría:Sobremesas Categoría:Gastronomía do Reino Unido Categoría:Gastronomía dos Estados Unidos de América Categoría:Gastronomía de Nadal Categoría:Pratos de pan