Filipe Próspero de Austria, nado en Madrid o 28 de novembro de 1657 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1661, foi príncipe de Asturias. Terceiro fillo e primeiro varón do matrimonio formado por Filipe IV de España e Mariana de Austria. Separadamente de Margarida Teresa e Carlos, foi o único que superou os 2 anos de vida daquel matrimonio.

Bautizárono cos nomes de Felipe Próspero José Francisco Domingo Ignacio Antonio Buenaventura Diego Miguel Luís Alfonso Isidro Ramón Víctor de Austria. O seu nacemento foi recibido con grande alegría, xa que desde a morte do príncipe Baltasar Carlos en 1646 a Casa Real española carecía de herdeiros varóns. Filipe foi inmediatamente convertido en Príncipe de Asturias.

O príncipe Filipe Próspero foi retratado en 1659 por Velázquez. O cadro, que reflicte unha profunda tenrura cara ao pícaro pero que tamén constitúe un dramático reflexo da súa natureza enfermiza, atópase hoxe no Kunsthistorisches Museum de Viena.

Traxectoria O nacemento de Filipe Próspero foi moi celebrado, non só polo sexo do bebé, senón porque poñía fin a varias disputas dinásticas que afectarían aos matrimonios das súas irmás (como Filipe IV non tiña máis fillos varóns, os esposos das súas fillas probablemente disputáranse o trono trala morte do monarca). Así, en 1658, Filipe Próspero foi xurado como herdeiro do seu pai e Príncipe de Asturias. Porén, o príncipe non gozou de boa saúde e constantemente levaba un amuleto con el.Este amuleto aparece representado no retrato que lle fixo Velázaquez

En 1659 os primeiros ministros de Francia e España negociaron poñer fin ás hostilidades da Guerra Franco-Española por un período de dous anos. Agora que España tiña o seu herdeiro, podía garantir a paz co matrimonio da infanta María Tareixa co rei francés Lois XIV. O resultado das negociacións foi o Tratado dos Pireneos. que establecía a Francia como nova potencia mundial.

Morte Filipe Próspero estivera enfermo durante bastante tempo antes da súa morte en novembro de 1661. Sufriu epilepsia e caía enfermo con moita frecuencia, probablemente debido ao seu defectuoso sistema inmunolóxico, provocado por varias xeracións de matrimonios entre familiares que levaban a cabo os membros da Casa de Austria. O rei chegou a adquirir as reliquias de Diego de Alcalá coa esperanza de que curaran ao príncipe. O 1 de novembro de 1661, Filipe Próspero finaba en Madrid tras un severo ataque de epilepsia. Cinco días máis tarde nacía o infante Carlos, quen finalmente ascendería ao trono baixo o nome de Carlos II trala morte do seu pai. Filipe IV sentíase indirectamente responsable pola morte do seu fillo Filipe, tal e como expresou nunha carta a sor María acerca da morte do seu fillo.

Devanceiros <div class="NavFrame" style="clear:both"> Devanceiros de Filipe Próspero de Austria <div class="NavContent" style="display:none;"> </center> </div></div>

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Baltasar Carlos de España Carlos II de España

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1657 Categoría:Finados en 1661 Categoría:Nobres de España Categoría:Príncipes de Asturias Categoría:Casa de Habsburgo