miniatura|Prato servido con pelmeni e unha porción de smetana, pronto para comer.
O pelmeni (пельмени en ruso, singular pel'men`, пельмень; пяльмені en belaruso; pilmän(när)/пилмән(нәр) en tártaro) é un prato tradicional da Europa do leste (principalmente da cociña rusa). Elabórase con recheo de pequenas bólas de carne elaboradas de carne picada de porco, de año ou boi."Food culture in Russia and Central Asia", Glenn Randall Mack, Asele Surina, Ed. Greenwood Publishing Group, 2005, ISBN 0-313-32773-4, 9780313327735 A masa que arrodea a bóla de carne realízase con fariña, ovos, auga e ás veces de leite. A receita tradicional do Ural cómpre o 45% de carne de vaca, o 35% de año e o 20% de porco para facer o recheo. As especias a miúdo difiren, tales como pementa, cebolas, e o allo, mestúranse no recheo. O pelmeni é unha comida con claras connotacións sociais, trátase da "comida dos traballadores"."St Petersburg: city guide", Tom Masters, Steve Kokker, Ed. Lonely Planet, 2005, ISBN 1-74104-169-4, 9781741041699
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ravioli - semellante Syrniki Varéniki Pierogi
Ligazóns externas Receita de pelmeni de carne, unha tradicional comida rusa (en castelán con fotos) Historia do pelmeni (en ruso) Pelmeni (en ruso) Receita (en ruso, con abundantes fotos) Pelmeni, produción industrial (en ruso) Receita de pelmeni con fotografías, paso a paso
Categoría:Pastas Categoría:Gastronomía de Rusia Categoría:Gastronomía de Belarús Categoría:Gastronomía de Lituania Categoría:Gastronomía de Letonia