O Heliporto de Ceuta é un heliporto público situado no porto da cidade autónoma española de Ceuta. Inaugurado o 9 de xaneiro de 2014, foi o primeiro heliporto construído e xestionado por Aena.
Actúa como substituto do aeroporto que debería ter a cidade e que non se puido construír por falta de espazo e de acordo con Marrocos.
Instalacións As instalacións que o compoñen son unha plataforma de estacionamento de helicópteros, un edificio terminal de dúas plantas, unha central eléctrica e un edificio para o servizo de salvamento e extinción de incendios.
Destinos Actualmente existen rutas que conectan co heliporto de Alxeciras e o aeroporto de Málaga-Costa del Sol, onde se pode conectar coas numerosas rutas deste aeroporto.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do heliporto
Ceuta Categoría:Ceuta