Santa María de Restande é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 295 habitantes (151 mulleres e 144 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.
Patrimonio histórico-artístico Nesta parroquia atópase o pazo de Vilacova, preto da igrexa parroquial. Unha longa balconada apoiada en poderosas ménsulas e protexida con balaustrada de pedra percorre gran parte da fachada do pazo. Baixo ela ábrense cinco arcos de medio punto que dan acceso a un amplo soportal. A orixe deste pazo está relacionado cos Bermúdez de Montaos, que fundaron o vínculo de Vilacova en 1556. O edificio actual débese a unha reconstrución do século XVII. Está habitado e en bo estado.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Restande
Parroquias de Trazo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Trazo
Categoría:Parroquias de Trazo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María