San Vicenzo de Vilouchada é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Trazo. Segundo o INE en 2019 tiña 99 habitantes (50 mulleres e 49 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.
Patrimonio Igrexa parroquial de San Vicenzo, no lugar da Eirexe. Castro de Vilouchada. Santuario de Santa Eufemia e San Mateo. Preto da capela está a Fonte da Santa, na aldea da Penela, de estilo románico coa inscrición "Hízose en el año 1820, siendo Rector el licenciado don Juan Noboa". Á esquerda da fonte está a Pedra dos Cadrís para curar a reuma e a esterilidade. O 16 de setembro celébrase a romaría de Santa Eufemia, e o 21 de setembro a festa de San Mateo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Vilouchada
Parroquias de Trazo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Trazo
Categoría:Parroquias de Trazo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo