A linfotoxina alfa (LT-alfa, LTA), antes chamada factor de necrose tumoral beta (TNFβ), é unha proteína que nos humanos é codificada polo xene LTA do cromosoma 6, que é mediadora en diversas respostas do sistema inmunitario.
Función
A linfotoxina alfa é unha citocina membro da familia do factor de necrose tumoral, que é producida polos linfocitos. A LT-alfa é altamente inducible, segrégase, e existe en forma de molécula homotrímera. A LT-alfa forma heterotrímeros coa linfotoxina beta, a cal ancora a LT-alfa á superficie da célula. A LT-alfa media unha gran variedade de respostas inflamatorias, inmunoestimulatorias e antivirias. A LT-alfa tamén está implicada na formación de órganos linfoides secundarios durante o desenvolvemento e xoga un papel na apoptose.
Nos ratos knockout para a LT-alfa, ningunha placa de Peyer nin ganglio linfático consegue deenvolverse, o que indica a importancia da LT-alfa no desenvolvemento inmunolóxico.
Interaccións A linfotoxina alfa interacciona coa LTB.
Notas
Véxase tamén Linfotoxina Linfotoxina beta TNF-alfa
Bibliografía
Categoría:Citocinas