miniatura|Parque do Castelo Himeji.

Hanami (花見, lit. "ollar flores") é a tradición xaponesa de ollar a beleza das flores, mais polo xeral asóciase esta verba ao período no que floran as cerdeiras e na que os xaponeses asisten en masa a parques e xardíns a contemplar as súas flores (sakura). De finais de marzo a principios de abril, as cerdeiras rosean por todo Xapón, de sur a norte acorde aos distintos climas existentes nas diversas rexións. As primeiras cerdeiras do ano florean nas illas de Okinawa a principios de marzo (a rexión máis meridional) e os últimos na illa de Hokkaidō aproximadamente a última semana de abril (a rexión máis setentrional).

O prognóstico de florecemento () é anunciado cada ano pola oficina de meteoroloxía. Nesta celebración, a xente diríxese aos parques a contemplar as cerdeiras en flor, e habitualmente realizando un xantar, coa familia ou coa empresa (é habitual ver a empregados de empresas gardando os mellores sitios so das cerdeiras con días de antelación). O hanami continua á noite e é chamado .

Toyō Itō, famoso arquitecto xaponés, lembraba este feito da súa nenez catalogando como a forma máis fermosa e sinxela de facer arquitectura, a través dos grandes manteis á sombra das cerdeiras.

Lugares tradicionais do hanami Algúns lugares populares do hanami son:

En Tokyo: Parque Ueno, Chidorigafuchi En Fukui: Río Asuwa En Kyoto: Parque Maruyama, Santuario Heian, Arashiyama, Kamogawa En Osaka: Castelo Osaka Parque En Nara: Parque Nara En Yoshino: Monte Yoshino En Himeji: Castelo Himeji Parque En Tsuyama: Castelo Tsuyama Parque

Controversia No ano 2011, tralo o tremor de terra e o tsunami do 11 de marzo, que deixou case 30 000 mortos e desaparecidos, o daquela gobernador de Tokyo, Shintarō Ishihara, solicitou á poboación que suspendese a celebración deste festival e amosase a súa solidariedade con Tohoku, o que provocou un intenso debate no Xapón sobre se debía celebrarse ou non o hanami ese ano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas (en inglés) Hanami in Philadelphia! Information on the Subaru Cherry Blossom Festival of Greater Philadelphia Hanami in Japan! Information on Hanami and other annual events across Japan. Hanami Fun Facts — Japanzine:Field Guide to Japan by Zack Davisson Hanami Manners 101 — Japanzine by Emily Millar Kyotoview — Hanami in Kyoto

Categoría:Festas do Xapón Categoría:Festivais