miniatura|250px|dereita|Sinal do sendeiro das bágoas. miniatura|300px|Mapa e ruta dos traslados.

O Sendeiro das bágoas (en , e en ) é o nome co que se coñece a unha serie de traslados masivos forzados das nacións nativas americanas nos Estados Unidos de América segundo a Lei de Traslado Forzoso dos Indios de 1830 (Indian Removal Act). Entre os trasladados cóntanse ás nacións de cherokee, muskogee, seminole, chickasaw e choctaw, os cales escolleron non ser asimilados pola sociedade estadounidense. Por mor disto, foron trasladados dende as súas terras ancestrais do sueste do país a unha área ó oeste do río Mississippi que foi designada como territorio indio. Os nativos americanos que elixiron ficar e seren asimilados recibiron a cidadanía estadounidense. A expresión "Sendeiro das bágoas" orixinouse a partir dunha representación da desaparición da nación choctaw en 1831.

Moitos nativos americanos sufriron enfermidades e fame mentres viaxaban pola ruta cara aos seus destinos, e cálculase a morte de entre 2.000 e 6.000 cherokees dos 16.543 que foron desprazados.Prucha, Great Father, p. 241 note 58; Ehle, Trail of Tears, pp. 390–92; Russel Thornton, "Demography of the Trail of Tears" in Anderson, Trail of Tears, pp. 75–93.Carter (III), Samuel (1976). Cherokee sunset: A Nation Betrayed: A Narrative of Travail and Triumph, Persecution and exile. New York: Doubleday, p. 232.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Deportación dos indios dos Estados Unidos de América

Categoría:Historia dos Estados Unidos de América