Gnarls Barkley é un dúo estadounidense de neo soul composto polo produtor musical Brian Joseph Burton (coñecido como Danger Mouse) e o cantautor Thomas DeCarlo Callaway (coñecido como CeeLo Green). O seu primeiro álbum de estudio St. Elsewhere, foi lanzado no 2006, xunto co sinxelo "Crazy". Tanto o sinxelo coma o álbum foron un éxito comercial. O seu segundo álbum, The Odd Couple lanzouse en marzo de 2008.
Discografía St. Elsewhere (2006) The Odd Couple (2008)
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Atlanta, Xeorxia Categoría:Grupos musicais formados en 2003 Categoría:Artistas de Atlantic Records