Yanis Varoufakis (), nado o 24 de marzo de 1961 é un economista grego, que foi ministro de economía de Grecia.
Traxectoria
Nas eleccións de Grecia de 2015 foi elixido como parlamentario representando a SYRIZA, e pasou a formar parte do goberno de Alexis Tsipras o 27 de xaneiro ata o 6 de xullo de 2015. Varoufakis é autor do libro The Global Minotaur e varios textos académicos nos campos da economía e teoría de xogos, profesor de teoría económica na Universidade de Atenas e consultor privado de Valve Corporation. En 2023 publicou Technofeudalism: What Killed Capitalism, no que defende que o capitalismo morreu e agora "somos humildes servos dos señores da nube". Este novo capital "Non fabrica cousas, senón que se compón de dispositivos concibidos para modificar o noso comportamento". Así Alexa de Amazon ou o Asistente de Google son " unha peza do capital, á que adestramos para que nos adestre para que a adestremos para que ela decida que queremos".
Notas
Categoría:Ministros de Grecia Categoría:Economistas de Grecia Categoría:Nados en Atenas Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados de Grecia