O balneario de Cabreiroá é un manancial natural situado na parroquia de Cabreiroá, no concello de Verín. miniatura|Manancial Historia O manancial era unha charca coñecida dende a antigüidade polas súas propiedades medicinais, ata que o famoso empresario José García Barbón abre en 1907 o quiosco octogonal para os auguistas onde se segue degustando a súa auga.
O resto do recinto é un espazo natural duns 50 000 m² cruzado polo pequeno río Abedes e con exemplos de especies como os cedros do Himalaia, sequoias xigantes, tileiros, palmeiras etc. En total, 2000 árbores. Toda a auga do manancial pasa pola burbulla central do quiosco, desde onde se abastecen este e a planta de envasado. A auga sobe desde unha profundidade duns 100 m a unha temperatura duns 18 °C.
A súa auga está indicada para enfermidades de tipo estomacal, intestinal, do fígado, dos riles e a diabetes.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Aguas de Cabreiroá Balnearios de Galicia Ligazóns externas http://www.galiciaenpie.com/destinos-galicia/ourense/verin/balneario-cabreiroa.html http://cabreiroa.es/gl Hijos de Rivera
Categoría:Verín Cabreiroa