MR-106 é a designación dun tipo de motor foguete monopropelente utilizado por varios satélites e etapas superiores de foguetes estadounidenses.
Características Os motores MR-106 son fabricados e comercializados por Aerojet Rocketdyne para diferentes tipos de satélite. Úsanse para control de actitude e corrección de traxectoria e utilizan como único propelente hidracina. Usáronse nas etapas HAS/Peace Courage, Titan Centaur, Atlas Centaur e no satélite Radarsat, entre outros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos MR-103 MR-104 MR-107 MR-111 MR-120 MR-50
Ligazóns externas MR-106 na web de Aerojet Rocketdyne.
Categoría:Motores foguete