José Ignacio Prendes Prendes, nado en Xixón o 22 de febreiro de 1965, é un avogado e político asturiano, membro de Cidadáns. Foi vicepresidente primeiro do Congreso dos Deputados de 2016 a 2019.

Traxectoria Estudou no Colexio Jovellanos e no I.E.S. de Roces, licenciándose en Dereito pola Universidade de Oviedo. en 1988. Entre 1989 e 1991 foi Letrado da compañía Telefónica de España S.A en Asturias, e logo de 1991 tivo despacho profesional propio (Iglesias & Prendes Abogados). Militou durante algún tempo en Ciudadanos e foi parte da Plataforma Pro (2007) que desembocou na fundación de Unión Progreso y Democracia (UPyD), do que foi membro da Coordinadora Territorial de Asturias desde o comezo. Foi o cabeza de lista por Asturias nas eleccións xerais de 2008. Foi o coordinador do programa-marco para as eleccións autonómicas e municipais de 2011. Foi membro do Consejo de Dirección de UPyD desde abril de 2008 ata decembro de 2014 ao renunciar por discrepar de decisións estratéxicas da formación "Ignacio Prendes dimite de la dirección nacional de UPyD", La Nueva España, 23 de decembro de 2014. Foi o candidato á presidencia de Asturias por UPyD nas eleccións autonómicas de 2011 e nas 2012, na que saíu deputado pola circunscrición central tras obter UPyD 18.739 votos (3,75%) en total en Asturias. Repite candidatura nas eleccións autonómicas de 2015.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)