Paulo II Pedro al-MauxiTamén escrito adaptado ao francés: Pierre-Paul Méouchi, Paul Pierre Méouchi. (en , Bulus Butrus al-Mauxi), nado en Xasin (Líbano) o 1 de abril de 1894 e finado o 11 de xaneiro de 1975, foi o 74º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 25 de maio de 1955 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Foi tamén cardeal da Igrexa Católica dende 1965.

Traxectoria Primeiros anos Naceu en Xasin (entón no mutasarrifato do Monte Líbano, hoxe na gobernación do Líbano Meridional, no Líbano) o 1 de abril de 1894. Estudou na escola dos alepianos de Dair‎‎ al-Qamar e posteriormente na escola Al-Hikma de Beirut, e posteriormente estudou Teoloxía e Filosofía na Pontificia Universidade Gregoriana en Roma. Foi ordenado sacerdote en 1917 en Roma, onde permaneceu até a súa volta ao Líbano en 1919. En 1920 o patriarca Elías Pedro Huayik enviouno xunto co bispo Xukrala Khuri aos Estados Unidos como visitador patriarcal, e até 1934 exerceu o seu ministerio en varias parroquias maronitas dos Estados Unidos de América.

Episcopado e elección patriarcal En 1934 foi elixido bispo de Tiro. En 1955 foi nomeado patriarca de Antioquía e todo o Levante por decreto do papa Pío XII, sendo a primeira vez en que o patriarca maronita era directamente elixido por un papa. Patriarcado Como patriarca, participou nos traballos do Concilio Vaticano Segundo entre 1963 e 1965, onde tivo un papel significativo na defensa da xurisdición patriarcal sobre os fieis na diáspora, fóra do territorio patriarcal. Antes da conclusión do concilio, o 22 de febreiro de 1965 foi creado cardeal polo papa Paulo VI.

Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

‎

Categoría:Nados en 1894 Categoría:Nados na gobernación do Líbano Meridional Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Cardeais creados por Paulo VI Categoría:Cardeais do Líbano Categoría:Finados en 1975 Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo