San Pedro de Présaras é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vilasantar. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 239 habitantes (118 homes e 121 mulleres).
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.
miniatura|Présaras no Catastro de Ensenada (1753). miniatura|Présaras no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849).
Xeografía
Situación Présaras está situado no sur do concello de Vilasantar. Limita ao norte coas parroquias de Vilasantar e Armental, ao oeste coa de Vilariño, ao leste con Mezonzo e Arceo (Boimorto), e ao sur con Andavao (Boimorto) e Folgoso (Sobrado). Ten unha superficie de 5,2 km² e o núcleo de poboación principal é o Foro.
Orografía A parroquia de Présaras ocupa as zonas máis baixas do concello, estando a maior parte da parroquia arredor dos 450 metros de altitude. O punto máis alto atópase na Fraga, con 490 metros sobre o nivel do mar.
Hidrografía O territorio de Présaras está delimitado case por completo polos ríos Cabalar e Tambre. Tamén o río Ceños, afluente do Tambre, discorre pola parroquia.
Clima O clima é temperado con temperaturas frías no inverno e suaves no verán. Son abondosas as precipitacións dende o outono á primavera, e no inverno son moi frecuentes as xeadas e ocasionais as nevaradas.
Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 30 153 147
Século XIX 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 63 26 32 40 48 – – Habitantes 314 144 205 220 241 281 336
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 355 423 555 768 751 751 506 471 390 320 311 315
Dende a segunda metade do século XX sufriu un gran descenso de poboación, debido ao peche de industrias, á emigración ás cidades e ao avellentamento da poboación.
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 312 311 296 292 301 290 283 283 280 274 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 264 268 265 257 250 241 236 239 235 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Cunha poboación de 239 habitantes (118 homes e 121 mulleres), é a segunda parroquia máis poboada do concello, só por detrás de Barbeito.
Historia esquerda|miniatura|300x300px|Pazo de Présaras
Prehistoria Da época megalítica consérvase a mámoa da Ponte do Sapo.
Idade Media Na Idade Media foi de gran relevancia o condado de Présaras, que abranguía ademais, terras dos hoxe concellos veciños de Curtis e Sobrado. No ano 920, Hermenexildo Aloitez, foi nomeado conde Présaras polo rei Ramiro II de León. No ano 958, Hermenexildo e a súa muller, Paterna, fundaron o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Un dos fillos deste matrimonio foi Sisnando II, bispo de Iria Flavia, que liderou a loita contra os viquingos na batalla de Fornelos.
Idade Moderna Nesta parroquia naceu, en 1565, Miguel Ares Canaval, bispo de Ourense.
No século XVIII, Valentín Sánchez de Boado, un indiano regresado do Perú, construíu a igrexa e o pazo e contratou a Xosé Gambino para realizar o conxunto escultórico da igrexa.
Idade Contemporánea Durante a primeira metade do século XX tivo grande importancia a industria téxtil pola presenza na vila da fábrica de tecidos La Arzuana, que funcionou de 1882 a 1962 e na que traballaron varios centos de persoas, a maioría delas, mulleres.
Cultura
Toponimia O topónimo Présaras ten a súa orixe nas presuras (pressura, pressurae), un procedemento polo cal se ofrecían terras a colonos para que fosen poboadas e traballadas.
Patrimonio miniatura|Igrexa de San Pedro de Présaras.
Patrimonio arqueolóxico Mámoa da Ponte do Sapo
Patrimonio arquitectónico Pazo de Présaras Pazo de Panacioi Igrexa de San Pedro de Présaras
Etnografía
Festas e celebracións As festas patronais en honor a San Pedro, celébranse na fin de semana do 29 de xuño na Carballeira. O 29 de setembro celébranse as festas de San Miguel.
Na cultura popular É o escenario do documental Tecido resistente.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Présaras
Parroquias de Vilasantar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilasantar
Categoría:Parroquias de Vilasantar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía