Rubén Arroxo Fernández, nado en Lugo o 5 de decembro de 1985, é un político galego do BNG.
Traxectoria
Formado como aparellador e tamén como adestrador de atletismo, tivo diversas responsabilidades dentro da organización xuvenil Galiza Nova e formou parte da candidatura do BNG nas eleccións municipais de Lugo. Pertenceu á plataforma Miño Si, Gasolineira Non. Foi candidato polo BNG á alcaldía de Lugo nas eleccións municipais de 2015, 2019 e 2023. Logo dun acordo de goberno entre o PSdeG e o BNG, Arroxo converteuse en tenente de alcaldesa após a constitución dos consistorios o 15 de xuño de 2019.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Rubén Arroxo, el cabeza de lista del BNG de Lugo a las municipales, dice tener como referencia a los concellos de Allariz y Pontevedra" , Cadena SER, 27 de novembro de 2014 .
Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Políticos do BNG