Manuel Blanco Tobío, nado en Lérez (Pontevedra) o 29 de outubro de 1919 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1995, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Segismundo Blanco Cuesta. Iniciouse como xornalista no semanario El Español e nas publicacións Fantasía e La Estafeta Literaria. Colaborou en Radio Nacional de España e na cadea da Prensa do Movemento. En 1946 incorporouse a Pueblo como comentarista de política internacional, do que foi enviado especial por Europa, América e Oriente Medio (1953-1956). En 1953 recibiu o Premio Nacional de Periodismo. De 1957 a 1966 foi correspondente de Pueblo en Nova York e na ONU. En 1966 foi nomeado director do periódico Arriba, até abril de 1970. Ao ano seguinte asumiu a dirección da Escola Oficial de Periodismo. Despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Información. Foi Director de Cultura Popular, e en 1973 foi designado director Xeral de Prensa, cesando en 1974. Foi comentarista de Política Internacional do xornal ABC.
Obras El Kominform, quinta columna del comunismo (con el texto íntegro de la declaración de Varsovia) (1948) USA, patalogía de la prosperidad (1963) Los americanos (1964) El guapo americano y el feo ruso (1964) La América invisible (1966) Vísperas del juicio final (1966) Cinco zorros plateados (1979)
Premios Premio Nacional de Periodismo José Antonio (1952) Mariano de Cavia Aznar de Periodismo (1979) González Ruano de Periodismo Premio Javier Bueno (1988)
Condecoracións Gran Cruz do Mérito Civil Cruz de Isabel a Católica Cruz ao Mérito Militar Cruz ao Mérito Naval Cruz ao Mérito Aeronáutico Notas
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes