O acido adenilosuccínico é un nucleótido purínico orixinado pola adición de ácido aspártico á IMP. A pH celular está presente en solución acuosa na súa forma ionizada adenilosuccinato. O encima que cataliza esta reacción é a adenilosuccinato sintase (), que require a hidrólise simultánea dunha molécula de GTPFiguras 20.4 e 20.7 de Textbook of Biochemistry, with clinical correlations, 6ª Edición, Thomas M. Devlin, Ed., Wiley-Liss, Inc., New York, NY, 2006.:
IMP + L-aspartato + GTP adenilosuccinato + GDP + Pi.
O feito de que utilice a enerxía do GTP e non a do ATP permite que a reacción non sexa dependente do seu produto.
O adenilosuccinato intervén nunha reacción anaplerótica catalizada pola adenilosuccinato liase na que se forma fumarato: adenilosuccinato → AMP + fumarato Esta reacción ocorre na síntese de purinas e no ciclo dos nucleótidos purínicos.
Notas
Categoría:Nucleótidos