Erlend Loe, nado o 24 de maio de 1969 en Trondheim, é un novelista noruegués, tradutor e guionista de cinema.

Traxectoria Loe estudou na escola de cine Den Danske Filmskole de Copenhaguen, así como na Kunstakademiet de Trondheim. En 1993 publicou a súa primeira novela Tatt av Kvinnen e un ano despois o seu primeiro libro infantil Fisken. O libro máis famoso de Erlend Loe é probablemente Naiv. Super., traducido a 19 linguas. As ilustraciones de moitos dos libros infantís de Loe son obra de Kim Hiorthøy.

En 2015 era residente en Oslo, onde en 1998 creou, xunto a outros, a axencia de guionistas Screenwriters Oslo.

Obra Novelas Tatt av kvinnen (1993) Naiv. Super (1996) L (1999) Fakta om Finland (2001) Doppler (2004) Volvo lastvagnar (2005) Organisten (2006)

Outros Fisken (1994), libro infantil Maria & José (1994), libro infantil ilustrado Kurt blir grusom (1995), libro infantil Den store røde hunden (1996), libro infantil Kurt quo vadis? (1998), libro infantil Detektor (2000), guión Jotunheimen, bill.mrk. 2469 (2001), textos para as fotos de Bård Løken Kurt koker hodet (2003), obra dramática Pingvinhjelpen (2006), obra dramática Organisten (2006), con Petter Amundsen, obra de non ficción

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Erlend Loe

Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Trondheim Categoría:Novelistas de Noruega